From Wikipedia, the free encyclopedia
A Manifestis probatum é unha bula emitida polo Papa Alexandre III o 23 de maio de 1179[1], polo que declara o Condado de Portugal independente do Reino de Galiza e a Afonso Henriques, o seu rei. Esta bula recoñece así a validez do Tratado de Zamora, asinado a 5 de outubro de 1143 en Zamora, polo rei galego Afonso VII e o portugués Afonso Henriques.
O Condado Portucalense era un pequeno territorio do Reino de León, que o rei deste cedera, xuntamente coa man da súa filla Tareixa de León, a Henrique de Borgoña, un cabaleiro francés que axudou ao monarca na loita contra os musulmáns. Tareixa e Henrique tiveron un fillo, Afonso Henriques, e trala morte de Henrique, Tareixa herdou o Condado.
Afonso Henriques defendía que o Condado Portucalense debía ser independente, en contra da opinión da súa nai, aconsellada pola nobreza galega e polo seu amante, tamén galego. Animado pola nobreza e o clero do seu condado, Afonso Henriques venceu a súa nai en 1128 na batalla de San Mamede, converténdose en Conde e establecendo dúas prioridades:
O 5 de outubro de 1143 foi asinado o Tratado de Zamora polo propio Afonso Henriques e polo seu curmán, o rei de León. Nel establecíase a independencia do Condado Portucalense, que pasou a denominarse Portugal.
O texto, redactado orixinalmente en latín, di así:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.