From Wikipedia, the free encyclopedia
Os mandinga[7] (tamén coñecidos localmente como malinke, maninka, manding, mandingo, mandenka, dioula, bambara ou mandinko)[8] son un grupo étnico de África occidental e un dos principais grupos étnicos do continente (os outros tres grandes grupos étnicos de África son os fula, os hausa e os songhai). Os mandinga son descendentes do Imperio de Malí, que ascendeu ó poder na rexión durante o século XIII baixo o goberno do rei Sundiata Keita, quen fundou o imperio que dominaría gran parte de África occidental. Migraron cara ó oeste dende o río Níxer na procura de mellores terras agrícolas e máis oportunidades de conquista.[9]
Pobo mandinga | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 45 millóns (1996)[2] | |
Rexións principais: | |
Malí | 7 638 988 (50% da poboación) |
Costa do Marfil | 6 852 620 (27,5% da poboación)[3] |
Guinea | 4 064 875 6 (30% da poboación)[4] |
Burkina Faso | 2 018 410 (10,2% da poboación) |
Gambia | 929 180 (42% da poboación)[5] |
Senegal | 687 822 (7% da poboación)[6] |
Serra Leoa | 465 813 (8% da poboación) |
Mauritania | 306 900 (10% da poboación) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas mandinga |
Relixión | Islam (99%) |
Grupos relacionados | Pobos mandé |
Os mandinga viven principalmente nos estados de Malí, Gambia, Guinea, Serra Leoa, o Senegal, Burkina Faso, Liberia, Guinea-Bissau, Níxer, Mauritania e Costa do Marfil. Malia súa gran dispersión, en moitos países os mandinga non son o maior grupo étnico,[10] agás en Gambia e Guinea onde constitúen a maioría demográfica.[10] A maioría dos mandinga viven en comunidades familiares nas vilas rurais tradicionais. A súa sociedade tradicional componse de castas estratificadas.[8][11] As comunidades mandinga teñen unha grande autonomía e autogoberno, sendo lideradas por un xefe ou grupo de anciáns. Teñen unha ampla tradición oral onde a súa mitoloxía, historia e coñecementos son transmitidos de xeración en xeración verbalmente.[12] Máis do 99% dos mandinga son musulmáns.[13]
O 99% dos mandinga son musulmáns.[9][13] Os mandingas recitan capítulos do Corán en árabe. Algunhas comunidades sincretizaron o islam coas relixións tradicionais africanas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.