Musa I de Malí
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Musa I de Malí, nado c. 1280 e finado en 1337, foi o décimo Mansa, que se traduce como "sultán" (rei) ou "emperador",[1][2][3][4][5] do rico Imperio de Malí de África occidental. No momento que Musa ascendeu ó trono, o Imperio de Malí consistía no territorio antigamente composto polo Imperio de Ghana, nos actuais sur de Mauritania e en Melle (Malí) e as áreas limítrofes. Musa tivo moitos títulos, incluíndo Emir de Melle, Señor das minas de Wangara, Conquistador de Ghanata, e polos menos outra ducia.[6] Crese que Mansa Musa conquistou 24 cidades, cadansúa cos distritos dos arredores que contiñan vilas e estados, durante o seu reinado.[7] Foi o gobernante máis rico do seu tempo e a persoa máis rica de tódolos tempos se se axusta o seu patrimonio pola inflación.[8]
Remove ads
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads