From Wikipedia, the free encyclopedia
O Xogador máis valioso da tempada da NBA, tamén coñecido como o MVP (Most Valuable Player e que recibe o premio NBA Most Valuable Player Award) é o premio que a liga entrega ao xogador máis valioso de cada tempada dende 1956. O gañador recibe o Trofeo Maurice Podoloff, nomeado así en honra ao primeiro comisionado da historia da NBA, en activo desde a primeira tempada, en 1946-47, até 1963.
A votación para o MVP celébrase unha vez finalizada a tempada regular. Até 1979-80 o MVP era seleccionado polo voto dos xogadores, con todo, dende 1981, o premio decídeno os xornalistas deportivos dos Estados Unidos e o Canadá. A votación é realizada por 125 membros;[1] tres de cada unha das trinta cidades da NBA, e os 35 restantes locutores e analistas especializados de medios de comunicación. Dende a tempada 1982-83, só xogadores de equipos con cincuenta ou máis vitorias durante a campaña lograron gañar o premio (excepto Karl Malone na tempada 1998-99 do peche patronal, na que só se disputaron cincuenta partidos), asegurando con iso que o MVP pertenza a un equipo clasificado para playoffs.
Kareem Abdul-Jabbar é o xogador que máis veces gañou o premio, en seis ocasións, seguido por Michael Jordan e Bill Russell con cinco e Wilt Chamberlain con catro. Só dous "rookies" conseguiron gañalo: Wilt Chamberlain en 1960 e Wes Unseld en 1969.
O primeiro xogador nado fóra dos Estados Unidos en lograr este galardón foi o pivote nixeriano Hakeem Olajuwon, pertencente aos Houston Rockets, na tempada 1993-94, mais estaba nacionalizado estadounidense. A continuación, Tim Duncan, dos San Antonio Spurs, nado nas Illas Virxes dos Estados Unidos, conseguiu o galardón nas campañas 2001-02 e 2002-03 e, posteriormente, en 2004-05 e 2005-06, Steve Nash, base de Phoenix Suns, nado en Johannesburgo (Suráfrica) aínda que criado no Canadá. O primeiro europeo en obtelo foi o alemán Dirk Nowitzki, de Dallas Mavericks, na tempada 2006-07.
Xogador activo | |
Elixido no Basketball Hall of Fame | |
Indica que o xogador gañou o campionato ese ano |
Número | Xogador | Anos |
---|---|---|
6 | Kareem Abdul-Jabbar | 1971, 1972, 1974, 1976, 1977, 1980 |
5 | Michael Jordan | 1988, 1991, 1992, 1996, 1998 |
Bill Russell | 1958, 1961, 1962, 1963, 1965 | |
4 | Wilt Chamberlain | 1960, 1966, 1967, 1968 |
LeBron James | 2009, 2010, 2012, 2013 | |
3 | Moses Malone | 1979, 1982, 1983 |
Larry Bird | 1984, 1985, 1986 | |
Magic Johnson | 1987, 1989, 1990 | |
Nikola Jokić | 2021, 2022, 2024 | |
2 | Bob Pettit | 1956, 1959 |
Karl Malone | 1997, 1999 | |
Tim Duncan | 2002, 2003 | |
Steve Nash | 2005, 2006 | |
Stephen Curry | 2015, 2016 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.