Ludwig Boltzmann

físico austríaco From Wikipedia, the free encyclopedia

Ludwig Boltzmann

Ludwig Eduard Boltzmann, nado en Viena o 20 de febreiro de 1844 e finado en Duino o 5 de setembro de 1906, foi un físico austríaco coñecido por ser, xunto con James Clerk Maxwell, pai da Distribución de Maxwell-Boltzmann na que se basea a Teoría cinética dos gases; a cal sería a primeira teoría enmarcada na disciplina da mecánica estatística.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ludwig Boltzmann
Thumb
Biografía
Nacemento(de) Ludwig Eduard Boltzmann
20 de febreiro de 1844
Viena (Imperio Austríaco)
Morte5 de setembro de 1906 (62 anos)
Duino-Aurisina (Imperio Austrohúngaro)
Causa da mortesuicidio, enforcamento
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena
ResidenciaImperio Austríaco
EducaciónUniversidade de Viena
Director de teseJosef Stefan
Actividade
Campo de traballoFísica teórica
Lugar de traballo Viena
Múnic
Graz
Leipzig
Ocupaciónfísico, matemático, filósofo, profesor universitario, químico, físico teórico
EmpregadorUniversidade de Múnic (1890–1894)
Universidade de Graz
Universidade de Leipzig
Universidade de Viena
Membro de
AlumnosPaul Ehrenfest, Marian Smoluchowski e Friedrich Hasenöhrl
Obra
Obras destacables
DoutorandoPaul Ehrenfest, Lise Meitner, Gustav Herglotz, Philipp Frank e Hermann von Lewinski (en)
Familia
CónxuxeHenriette Boltzmann
FillosHenriette Boltzmann, Ida Boltzmann
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Больцман Людвиг)
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
WikiTree: Boltzmann-4
Pechar
Thumb
Ludwig Boltzmann.

Traxectoria

Infancia e educación

Boltzmann naceu en Viena cando esta inda era a capital do Imperio Austrohúngaro. Seu pai, Georg Ludwig Boltzmann, era funcionario do estado. Seu avó, que se mudara a Viena dende Berlín, era reloxeiro. Recibiu a educación primaria dun titor particular en casa de seus pais, e a secundaria en Linz. Perdeu a seu pai con 15 anos.

Pasaría a estudar física na Universidade de Viena, onde acadou o seu doutoramento en 1866 cunha tese supervisada por Joseph Stefan e que versaba sobre a Teoría cinética dos gases.

Carreira académica

Ós 25 anos, en 1869, e grazas a unha carta de recomendación do seu director de tese, foi nomeado catedrático de física matemática na Universidade de Graz. Nese ano colaborou varios meses con Robert Bunsen e mais Leo Königsberger en Heidelberg. Dous anos máis tarde colaborou con Gustav Kirchhoff e Hermann von Helmholtz en Berlín. De 1873 a 1876 foi profesor de matemáticas na Universidade de Viena.

En 1872 coñeceu a Henriette von Aigentler, unha aspirante a profesora de Graz. O 17 de xullo de 1876 casarose, e tiveron tres fillas e dous fillos. Debido á nova situación familiar, ese ano volveu á Universidade de Graz a ocupar a cátedra de Física Experimental. Entre os seus alumnos estiveron Svante Arrhenius e Walther Nernst.

En 1885 converteuse en membro da Academia das Ciencias de Austria e en 1887, en presidente da Universidade de Graz. En 1888 foi elixido membro da Real Academia Sueca de Ciencias, e en 1890 nomeárono para a cátedra de Física Teórica da Universidade de Múnic. En 1893 sucedeu o seu profesor Joseph Stefan como profesor de Física Teórica na Universidade de Viena.

Últimos anos

Boltzmann gastou moitos esforzos na defensa da teoría atómica, nunha época na que esta inda non era moi aceptada. Isto granxeoulle a inimizade de personaxes importantes como Ernst Mach, o cal entrou en 1895 na universidade como profesor de Filosofía e Historia da Ciencia.

Boltzmann, invitado por Wilhelm Ostwald, marchou en 1900 para a Universidade de Leipzig. Despois de que Mach se xubilase volveu a Viena, en 1902. En 1903 fundou xunto con Gustav von Escherich e Evin Müller a Sociedade Matemática de Austria.

Entre os estudantes máis sinalados que tivo, estiveron Karl Przibram, Paul Ehrenfest e Lise Meitner.

Boltzmann pasou toda a súa vida con fortes cambios de ánimo, no que posiblemente foi un trastorno bipolar non diagnosticado. Meitner relatou que quen estaba ó lado de Bolztmann coñecía estes episodios e sabía dos seus intentos de suicidio. El, en ton de broma, atribuía os seus cambios de humor a que nacera a noite entre o martes de entroido e o mércores de Cinsa.

En 1906, en Duino, Trieste, durante as vacacións, aforcouse durante un episodio de depresión. Foi enterrado en Zentralfriedhof, e na súa lápida pode lerse a inscrición , a ecuación que descubrira sobre a natureza estatística da entropía.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Max Planck (1914). The Theory of Heat Radiation (Teoría da radiación por calor), P. Blakiston Son & Co. Dover (1959) e (1991). ISBN 0-486-66811-8
  • Richard C. Tolman (1938). The Principles of Statistical Mechanics (Os principios da mecánica estatística), Oxford University Press. Dover (1979). ISBN 0-486-63896-0
  • Ernst Cassirer, El problema del conocimiento en la filosofía y en la ciencia modernas, México, FCE, tomo IV, 1979.
  • J. Willard Gibbs (1901). Elementary Principles in Statistical Mechanics (Principios elementais de mecánica estatística), Ox Bow Press (1981). ISBN 0-918024-19-6.
  • David Lindley. Boltzmann's Atom: The Great Debate That Launched A Revolution In Physics (O átomo de Boltzmann: O gran debate que xerou unha revolución na física). ISBN 0-684-85186-5
  • A. J. Lotka (1922). "Contribution to the energetics of evolution" (Contribución a enerxética da evolución). Proceedings of the National Academy of Sciences, 8: 147–151.
  • J. Bronowski (1973). El ascenso del hombre (The Ascent of Man) (cap. 10, "Un mundo dentro del mundo"). Bogotá: Fondo Educativo Interamericano. No. 853 (Alejandro Ludlow Wiechers, trad.).
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.