Ernst Cassirer

filósofo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Ernst Cassirer

Ernst Cassirer, nado en Breslau o 28 de xullo de 1874 e finado en Nova York o 13 de abril de 1945, foi un filósofo de orixe prusiana, cidadán sueco dende 1939. Exerceu a docencia na Universidade de Hamburgo. Aliñado na dirección neokantiana da escola de Marburgo, tratou os problemas gnoseolóxicos e epistemolóxicos no sentido do idealismo crítico.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Foi coñecido pola súa obra Filosofía das formas simbólicas do campo da filosofía da cultura. Tamén realizou contribucións á epistemoloxía, á filosofía da ciencia e á historia da filosofía.

Traxectoria

Cassirer naceu en Breslau, Silesia. Fillo do comerciante xudeu alemán Eduard Cassirer, pertencía a unha das xeracións máis brillantes do pensamento europeo. En 1892 comezou a estudar dereito, mais axiña pasou a estudar literatura alemá e filosofía na Universidade de Berlín. A partir de 1896 cambiouse á Universidade de Marburgo, onde se adscribiu ao neokantismo. En 1899 doutorouse baixo a tutela de Paul Natorp cun traballo sobre Descartes titulado Kritik der mathematischen und naturwissenschaftlichen Erkenntnis.

En 1902 casou coa súa prima Toni Bony, coa que tivo tres fillos. O seu traballo sobre o sistema de Leibniz foi premiado dúas veces, mais en moitas universidades non foi aceptado como Habilitation (máximo grao académico que se pode lograr en moitos países europeos). En 1906 alcanzou este grao en Berlín co seu estudo sobre o problema do coñecemento: Das Erkenntnisproblem in der Philosophie und Wissenschaft der neueren Zeit. Durante os seguintes trece anos foi profesor en Berlín e asentou as bases da súa teoría do coñecemento.

Tivo que exiliarse coa chegada ao poder de Hitler. Entre 1933 e 1935 traballou como profesor na universidade de Oxford, e entre 1935 e 1941 pasou á universidade de Göteborg en Suecia, aproveitando a neutralidade dese país na guerra. Mentres a guerra se desenvolvía, considerou con bo criterio que Suecia deixaba de ser un refuxio seguro, e exiliouse nos Estados Unidos. Foi rexeitado pola universidade Harvard, mais finalmente puido traballar en Yale entre 1941 e 1943, e na universidade de Columbia, en Nova York, dende 1943 ata o seu falecemento.

Filosofía

Colaborou na famosa edición kantiana a principios de século, cunha introdución que se converteu nunha referencia (Kant). Logo centrouse en dous momentos fundamentais da civilización europea, o Renacemento e a Ilustración, con dúas monografías que son clásicas, e colaborou co Instituto Warburg. Tivo unha polémica pública, en Davos, con Heidegger, aínda que a familia deste non deixou que se publicase a controversia. Para Cassirer, o home é un “animal simbólico” que emprega símbolos para configurar o mundo cultural. Neste sistema de símbolos é onde se manifesta o espírito humano expresándose na linguaxe, o mito, a relixión e a ciencia. En Cassirer a Crítica da razón (que xa realizara Kant) convértese nunha Crítica da cultura.

Obra

  • Leibniz' System in seinen wissenschaftlichen Grundlagen, 1902
  • Der kritische Idealismus und die Philosophie des "gesunden Menschenverstandes", 1906.
  • Das Erkenntnisproblem in der Philosophie und Wissenschaft der neueren Zeit. (1: 1906; 2: 1907; 3: Die nachkantischen Systeme, 1920; 4: Von Hegels Tod bis zur Gegenwart (1832–1932), 1957).
  • Substanzbegriff und Funktionsbegriff. Untersuchungen über die Grundfragen der Erkenntniskritik. 1910.
  • Freiheit und Form. Studien zur deutschen Geistesgeschichte, 1916.
  • Kants Leben und Lehre, 1918.
  • Zur Einstein'schen Relativitätstheorie. Erkenntnistheoretische Betrachtungen, 1921.
  • Idee und Gestalt. Goethe, Schiller, Hölderlin, Kleist, 1921
  • Philosophie der symbolischen Formen. (1. Die Sprache, 1923; 2. Das mythische Denken, 1925; 3. Phänomenologie der Erkenntnis, 1929).
  • Sprache und Mythos. Ein Beitrag zum Problem der Götternamen, 1925 (logo en: Wesen und Wirkung des Symbolbegriffs, Darmstadt, WBG, 1994).
  • Individuum und Kosmos in der Philosophie der Renaissance, 1927
  • Die Idee der republikanischen Verfassung, 1929. Discurso na Universidade.
  • Die Philosophie der Aufklärung, 1932.
  • Determinismus und Indeterminismus in der modernen Physik, 1937.
  • Axel Hägerström: Eine Studie zur Schwedischen Philosophie der Gegenwart, 1939.
  • Zur Logik der Kulturwissenschaften, 1942.
  • An Essay on Man, 1944. (Was ist der Mensch? Versuch einer Philosophie der menschlichen Kultur, 1960)
  • The Myth of the State, 1946. (Vom Mythus des Staates, 1949).
  • Symbol, Mythos and Culture. Essays and Lectures, 1935-1945, New Haven, Yale University, 1979

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.