Luc Mbah a Moute
baloncestista camerunés From Wikipedia, the free encyclopedia
baloncestista camerunés From Wikipedia, the free encyclopedia
Luc Richard Mbah a Moute, nado o 9 de setembro de 1986 en Yaoundé, é un xogador profesional camerunés de baloncesto. Mide 2,03 metros de altura e xoga na posición de ala ou ala-pivote. Ten status de príncipe na vila no que naceu, Bia Messe, preto de Yaoundé,[1] sendo fillo do xefe electo, Camille Moute à Bidias, o cal é un alto cargo do goberno oficial, dirixindo o Fondo Nacional de Emprego do Camerún.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1986 (38 anos) Yaoundé, Camerún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Montverde Academy (en) Universidade de California, Os Ánxeles | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 104 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Camerún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 12 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Milwaukee Bucks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2013 | 2013 FIBA Africa Championship (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2007 | 2007 FIBA Africa Championship (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xogou durante 3 tempadas cos Bruins da Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA). No seu primeiro ano foi titular en 38 dos 39 partidos disputados polo seu equipo, facendo 9,1 puntos e 8,2 rebotes por partido.[2] O seu partido máis completo disputouno ante a Universidade de Oregón, conseguindo 15 puntos e 10 rebotes,[3] un dos oito dobres-dobres que logrou ao longo da tempada. Foi tamén determinante para a vitoria nas semifinais da Final Four que o seu equipo disputou ante Louisiana State, logrando 17 puntos, 9 rebotes e dous roubos de balón.[4] Foi finalmente elixido como mellor novato da Pacific Ten Conference.[2]
Na súa segunda tempada fixo 8,2 puntos, e liderou ao seu equipo con 7,4 rebotes por partido.[2] Iniciou moi ben o ano, xa que no seu primeiro partido logrou o seu récord persoal de anotación ante Brigham Young, anotando 24 puntos e capturando 11 rebotes,[5] pero o seu xogo volveuse intermitente, combinando boas actuacións con outras mediocres. O seu equipo volveu disputar a Final Four, mais a súa achega non foi tan determinante como o ano anterior.
Xa na súa tempada "júnior" o seu xogo resentiuse por culpa das lesións, que lle afastaron das pistas durante seis partidos. Aínda así conseguiu unha grande actuación na Final da NCAA ante Memphis, logrando 13 puntos e 12 rebotes, que non impediron a derrota do seu equipo.[6] No seu tres tempadas na NCAA promedió 8,7 puntos e 7,3 rebotes por partido.[7] O 16 de xuño de 2008 anunciou a súa intención de renunciar ao seu último ano como universitario, presentándose ao Draft da NBA.[8] Tras 34 anos, Mbah a Moute converteuse no primeiro xogador dos Bruins en disputar tres Final Four consecutivas, despois de que o lograsen nos anos 70 Bill Walton, Jamaal Wilkes e Greg Lee. Andre Hutson e Charlie Bell, de Michigan State, foron os outros dous xogadores que o lograron ao longo da historia da competición universitaria.
Foi elixido na trixésimo sétima posición, na segunda rolda do Draft de 2008 por Milwaukee Bucks, equipo co que formou un contrato multianual o 8 de xullo dese mesmo ano.[9] Disputou cinco partidos da liga de Verán que se desenvolveu en Las Vegas, facendo 9,0 puntos e 6,6 rebotes por partido.[10] Ao final da tempada 2008-09 fixo 7,2 puntos e 5,9 rebotes por partido en 82 encontros, nos cales saíu en 52 coma titular.
O 12 de xullo de 2013, Mbah a Moute foi traspasado ós Sacramento Kings.[11]
O 26 de novembro de 2013, Mbah a Moute foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio de Derrick Williams.[12].
O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Timberwolves, os Cleveland Cavaliers e os Philadelphia 76ers. Como parte do acordo, Mbah a Moute e Alexey Shved foron traspasados ós 76ers, xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 de Cleveland. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, e os Timberwolves recibiron a Andrew Wiggins e Anthony Bennett de Cleveland, e a Thaddeus Young dos Sixers.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.