historiador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis López Pombo, nado o 11 de maio de 1957 na casa de Chancia (Nullán, As Nogais), é un historiador galego.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1957 (67 anos) As Nogais, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador, coleccionista |
Trasladouse coa súa familia á cidade de Lugo en 1972 e traballou durante 22 anos como cristaleiro.[3]
Compaxinou os estudos co traballo, de xeito que realizou, primeiro, o ciclo de EXB nun centro nocturno de formación de adultos e, despois, o BUP nocturno. Cursou Xeografía e Historia na UNED, sen finalizar a carreira, e posteriormente proseguiu a completar a súa formación.[2] Escribiu 11 libros e máis de 200 artigos.[3] Os seus estudos xenealóxicos confirmaron as orixes dos devanceiros de Camilo José Cela en Triacastela.[4]
En 22 de xuño de 2004 foi nomeado Académico Correspondente en Lugo da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía. Tamén foi designado Delegado Provincial en Lugo da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.[1]
Todas as publicacións editadas pola Deputación de Lugo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.