Lourizán, Pontevedra
parroquia civil do concello de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo André de Lourizán é unha parroquia do concello de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña tiña 2.935 habitantes (1.441 homes e 1.494 mulleres), repartidos en 17 entidades de poboación.[3]
Lourizán | |
---|---|
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°23′28″N 8°40′03″O |
Poboación | 2.935 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Linda ao norte con Salcedo e a ría de Pontevedra, ao sur con Salcedo e San Xián de Marín, ao leste outra volta con Salcedo e ao oeste con San Xián de Marín e a ría. A altura máxima é de 100 m. A costa é recortada e os accidentes costeiros máis salientábeis son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres e as praias de Lourizán e Praíña. Lourizán dista catro quilómetros da capital do concello, coa que se comunica por medio da autovía PO-11 e a estrada PO-546.
Atopáronse dúas aras romanas adicadas ao deus Vestio Alonieco, e un relevo recollido no muro do recinto da igrexa cunha figura antropomorfa.[4]
O pazo de Lourizán foi construído como lugar da veraneo da familia Montero Ríos, e no seu recinto construíuse un centro de investigacións forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres (deseñada a finais do século XIX por Domingo Sesmero) e inaugurada en 1888 e a capela de Santo André.
Nesta parroquia sitúase o complexo Ence, formado pola maior planta produtora de pasta de papel da empresa Ence,[5] (e da desaparecida planta electroquímica de Elnosa construída en 1957), altamente contaminante[6] e condenada en reiteradas ocasións por delitos medioambientais.[6] Malia que por lei debe abandonar eses terreos, propiedade do estado,[5][7] e que no ano 2018, a Asociación Pola Defensa da Ría procurou a súa marcha, unha sentenza de 2023 do Tribunal Supremo puxo fin ao proceso xudicial contra Ence pola prórroga da planta en Lourizán.[5]
A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres, normalmente no mes de maio.
Lugares da parroquia de Lourizán no concello de Pontevedra | |
---|---|
Agrovello | O Cabo | A Camboa | A Carballeira | Caritel | Os Cunchidos | Estribela | A Igrexa | A Meán | As Nogueiras | O Outeiro | Pexegueiro | Os Praceres | O Regueiriño | O Rial | Rorís | O Rozo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.