From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) é unha asociación ecoloxista de Pontevedra. Conta cuns 500 socios. Fundouse a finais de 1987, con carácter aberto, como resposta cidadá ante a grave deterioración ambiental da ría de Pontevedra e o seu contorno. Propón unha explotación racional dos recursos naturais (marisqueiros, pesqueiros e forestais) e un turismo alternativo, fronte á industrialización contaminante, os recheos ou o monocultivo de eucalipto.
Asociación Pola Defensa da Ría | |
---|---|
Tipo | organización medioambiental e organización sen ánimo de lucro |
Data de fundación | 1987 |
Presidente/a | Antón Masa Vázquez (1997-) |
Localización | |
Enderezo | Rúa dos Soportais, nº 9, 1º, 36002 |
En | Pontevedra |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.apdr.info/wp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Mediante a divulgación e a sensibilización mediante charlas, conferencias ou edicións de boletíns, e actividades como manifestacións, concentracións ou recollidas de sinaturas e denuncias públicas (medios de comunicacións, ante administracións...) e xudiciais, pretende dar a coñecer a problemática medioambiental e a proposta de solucións.
Boa parte desta loita vai concentrada contra os principais focos contaminantes, como a empresa TAFISA (xa trasladada) e o complexo ENCE-ELNOSA.
Colabora con outras plataformas en defensa do medio ambiente, en defensa dos ríos dos Gafos, Lérez ou Verdugo, e con iniciativas populares e mesmo facendo achegas en materias de medio ambiente e urbanismo ó PXOM de Pontevedra.
Desde 1999 forma parte da FEG (Federación Ecoloxista galega), e desde 2002 da plataforma Nunca Máis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.