especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O loureiro real, loureiro romano ou lauroceraso (Prunus laurocerasus), é unha especie de arbusto ou arboriña sempreverde do xénero Prunus de até 8 m de alto, pertencente á familia das rosáceas. Orixinario de Asia Menor, cultívase en zonas temperadas de Europa como planta ornamental, onde se naturalizou en moitas rexións, coma nalgunhas partes de Galicia. Xeralmente fica nun talle arbustivo por non se dar as condicións ecolóxicas axeitadas para un maior desenvolvemento. Adaptado a ecosistemas de laurisilva.
Loureiro real | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
'Prunus laurocerasus' L. |
Aínda que xa o epíteto amosa a relación entre eles, cómpre non confundilo co loureiro, especie, en realidade, dun xénero (e orde) moi diferente.
O nome da especie laurocerasus, lauroceraso, vén da súa semellanza coas dúas árbores: loureiro (principalmente por ser unha especie perenne e de follaxe semellante) e cerdeira (polo froito, e por ser realmente un Prunus). O nome común en galego, loureiro real, tamén viría da semellanza co loureiro común.
O loureiro real é un arbusto perenne que vai dos 5 até os 15 m. de altura. Follas brillantes, ovais e coriáceas de cor verde escuro que miden uns 10 cm de lonxitude e uns 6 de ancho co bordo lixeiramente serrado. As follas poden desprender recendo a améndoas cando se gretan. Os gomos das flores aparecen na primavera, e abren a comezos do verán en acios axilares erectos de 7–15 cm cunhas 30-40 flores. Cada flor aromática mide un cm de diámetro co cinco pétalos cor crema-abrancazada. O froito, a lorbaga[1] (< lat. lauri baca), é unha drupa semellante a unha cereixa dun cm de diámetro agrupada en acios, que se torna negra a comezos do outono. A diferenza do resto da planta, que é velenosa, as drupas son comestíbeis, aínda que máis macias e un chisco secas en comparación con outras especies do xénero Prunus. Porén, as sementes contidas nas bagas si son velenosas.[2][3][4]
O froito inserido pode causar severo desconforto en humanos.[5]
Prunus laurocerasus foi descrita por Carlo von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 474, no ano 1753.[6][7]
O loureiro real cultívase moito como planta ornamental, en parques e xardíns das zonas temperadas do mundo. Tamén é común que se empregue para facer sebes e pantallas. A maioría dos cultivares son arbustos resistentes que resisten ben as condicións de sombra ou seca, e que responden ben á poda.
Téñense seleccionado máis de 40 cultivares, incluíndo:
É unha especie que se naturaliza a miúdo e de xeito doado. En Galicia tense naturalizada en moitas comarcas, especialmente nas máis húmidas do norte do país. Nalgunhas rexións (coma no Reino Unido e o noroeste de América do norte), xa se considera planta invasora.[8] O seu rápido crecemento, combinado coa súa follaxe sempreverde, e a súa tolerancia a condicións estresantes, fan competira o loureiro real coa vexetación autóctona, desprazándoa. Os paxaros facilitan o espallamento das sementes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.