artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
A datación e a secuenciación dos reis hititas é unha compilación de rexistros fragmentarios, complementada pola recente achega en Hattusa dun xogo de máis de 3500 impresións en selos que teñen inscritos nomes e títulos e xenealoxías dos reis hititas.[1] As datas indicadas aquí son aproximadas, e dependen do sincronismo cando son coñecidas as cronoloxías dos países veciños e máis de Exipto.
Hai poucas noticias sobre os gobernantes da época do Imperio medio. A secuencia aquí presentada baséase en gran parte na realizada por Bryce na súa obra en 1998.[2]
McMahon (1989) relaciona a Hattusilis II e Tudhaliyas o Mozo en orde inversa. Bryce, entre outros, non distingue un Imperio medio. No seu lugar, remata o Reino antigo con Muwatallis I e comeza o Imperio Novo con Tudhaliyas II. Tampouco se adoita incluír a Tudhalias "o Mozo" nas listaxes de reis hititas, pois foi asasinado despois da morte de seu pai, Tudhaliyas III.
Monarcas | Reinado | Liñaxe e sucesos relevantes |
---|---|---|
Pamba | ca. o inicio do século XXII a.C. | Rei de Hatti |
Pithanas | ca. século XVII a.C. | Rei de Kussara, conquistador de Neša |
Piyusti | ca. século XVII a.C. | Rei de Hatti, derrotado por Anittas |
Anittas | ca. século XVII a.C. | Rei de Kussara, destrutor de Hattusa |
(Tudhaliyas I) | Bisavó de Hattusilis I | |
(Pusarrumas) | Fillo de Tudhaliyas I |
Monarcas | Reinado | Liñaxe e sucesos relevantes |
---|---|---|
Labarnas I | ca. 1600-1586 a.C. | Fundador tradicional |
Hattusilis I tamén coñecido como Labarnas II |
ca. 1586-1556 a.C. | O sobriño / neto de Labarnas I (?) (quizais o primeiro gobernante que volveu a ocupar Hattusa) |
Mursilis I | ca. 1556-1526 a.C. | Neto de Hattusilis I (saqueou Babilonia, ca. 1531 a.C.) |
Hantilis I | ca. 1526-1496 a.C. | Cuñado de Mursilis I (asasinou a Mursilis I) |
Zidantas I | ca. 1496-1486 a.C. | Cuñado de Hantilis I (asasinou o fillo-herdeiro de Hantilis I) |
Ammunas | ca. 1486-1466 a.C. | Fillo de Zidantas I (asasinou a seu pai) |
Huzziyas I | ca. 1466-1461 a.C. | Fillo de Ammunas? |
Telibinus | ca. 1460 a.C. | Cuñado de Huzziyas I (usurpou o trono de Huzziyas I) |
Monarcas | Reinado | Liñaxe e sucesos relevantes |
---|---|---|
Alluwamnas | ca. mediados do
século XV a.C. |
Cuñado de Telibinus |
Hantilis II | ca. 1500-1450 a.C. | Fillo de Alluwamnas |
Tahurwailis | Usurpador (gobernou nalgún momento entre "Telepinu" e Zidantas II, pero a data é incerta). | |
Zidantas II | Fillo de Hantilis II | |
Huzziyas II | Fillo de Zidantas II | |
Muwatallis I | ca. 1400 a.C. | Usurpador (asasinou a Huzziyas II) |
Monarcas | Reinado | Liñaxe e sucesos relevantes |
---|---|---|
Tudhaliyas II ou Tukhantis | ca. comezos do século XIV a.C. | A súa liñaxe é incerta. Puido ser un neto de Zidanta II. Converteuse en rei tralo asasinato de Muwatallis I . |
Arnuwandas I | Xenro de Tudhaliyas II | |
Hattusilis II (?) | A súa existencia, a liñaxe e a época do seu reinado son discutidos. | |
Tudhaliyas III | ca. 1360? – 1344 a.C. | Fillo de Arnuwandas (ou Hattusilis II?). |
Tudhaliyas "o mozo" | Fillo de Tudhaliyas III (asasinado despois da morte de seu pais; puido non gobernar en absoluto). | |
Suppiluliumas I | ca. 1344–1322 a C. | Fillo de Tudhaliyas III ou de Hattusilis II (?). Expandeu o imperio; mencionado nas cartas de Amama. |
Arnuwandas II | ca. 1322–1321 a.C. | Fillo de Suppiluliumas I |
Mursilis II | ca. 1321–1295 a.C. | Fillo de Suppiluliumas I |
Muwatallis II | ca. 1295–1272 a.C. | Fillo de Mursilis II (Batalla de Qadesh, ca. 1274 a.C.) |
Mursilis III (tamén coñecido como Urhi-Teššub) | ca. 1272–1267 a.C. | Fillo de Muwatallis II |
Hattusilis III | ca. 1267–1237 a.C. | Fillo de Mursilis II (Tratado de Qades con Exipto, ca. 1258 a.C.) |
Tudhaliyas IV | ca. 1237–1209 a.C. | Fillo de Hattusilis III (Batalla de Nihriya). |
Kurunta | ca. 1228–1227 a.C. | Fillo de Muwatallis II (o seu reinado é incerto; puido gobernar durante un breve período de tempo en medio do reinado de Tudhliyas IV). |
Arnuwandas III | ca. 1209–1207 a.C. | Fillo de Tudhaliyas IV |
Suppiluliumas II | ca. 1207–1178 a. C. | Fillo de Tudhaliyas IV (caída de Hattusa, ca. 1178 a.C.) |
Despois do colapso do Imperio Hitita, este permaneceu en mans de gobernantes locais que levaron o título de "Gran Rei".
Nome | Reinado | Comentarios |
---|---|---|
Mašḫuitta | Gran rei en Mira | |
Hartapu | Gran rei, no sur de Anatolia, posiblemente en Tarhuntasa. Data incerta.[3] | |
Kuzi-Teššub | Gran rei en Karkemish |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.