From Wikipedia, the free encyclopedia
O Lipizzan ou Lipizzaner (en checo: Lipicán, en croata: Lipicanac, en húngaro: Lipicai, en italiano: Lipizzano, en esloveno: Lipicanec), é unha raza de cabalo que xurdiu no século XVIII no cruzamento de eguas nativas mestizas de napolitanos e bérberes con cinco garañóns andaluces seleccionados e importados dende Andalucía, España,[1][2] alén de cruzamentos con garañóns árabes; a Escola Española de Equitación de Viena, Austria, fundada en 1729 é unha homenaxe a este garañóns andaluces formadores desta raza na cal demostran a "haute école" de movementos do adestramento clásico, incluíndo o alto control, pulos estilizados e outros movementos. O cabalo Lipizzan posúe este nome en homenaxe as terras eslovenas de Lipitza, e popularizouse a través da casa dos Habsburgos, no século XVIII.
Ese cabalo exhibe membros poderosos, garupa chata e cabeza forte. A súa crina, longa e sedosa, lembra a do andaluz. O poldro nace negro e, co pasar do tempo, tórnase branco. As liñaxes consideradas puras comprenden só cinco familias, cada unha descendente dun reprodutor andaluz formador da raza, cuxo nome debe figurar no patrónimo completo de cada individuo.
Os Lipizzans están recoñecidos en Eslovenia como animal nacional, e nas moedas eslovenas de 20 céntimos aparecen unha parella deles.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.