subgrupo das linguas urálicas From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas mordovinas[3] (en ruso: мордовские языки, mordovskiye yazyki)[4] son un subgrupo das linguas urálicas, comprendendo as linguas erzya e moksha, que están estreitamente relacionadas entre elas e son faladas as dúas en Mordovia.[5]
Linguas mordovinas | ||
---|---|---|
Outros nomes: | мордовские языки, mordovskiye yazyki) | |
Falado en: | Rusia | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Urálica Linguas mordovinas | |
Escrita: | Cirílico | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Mordovia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
As linguas mordovinas a comezos do século XX.[1][2] | ||
Status | ||
Anteriormente considerada unha única "lingua mordovina",[6] agora trátase como unha pequena agrupación lingüística.[7] Debido a diferenzas na fonoloxía, léxico e gramática, o erzya e o moksha non son mutuamente intelixibles.[8] As dúas linguas mordovinas tamén teñen formas literarias separadas. A lingua literaria erzya foi creada en 1922 e a mokshan en 1923.[9]
Tradicionalmente, os uralicistas agrupaban as linguas mordovinas e o mari na chamada póla do Volga da familia urálica; porén, esta teoría foi abandonada a finais do século XX.[10] En troques, algúns uralistas prefiren agora un modelo de expansión rápida, coa mordovina como unha das nove pólas primarias das linguas urálicas; outros propoñen unha estreita relación entre o mordovino coas pólas fino-báltica e saami.[11][12][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.