From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua unami é unha lingua algonquina extinta falada no pasado polo pobo lenape. É unha das dúas linguas delaware, sendo a outra o munsee. O derradeiro falante fluído, Edward Thompson, da Tribo de Indios Delaware, morreu o 31 de agosto de 2002.[1] A súa irmá Nora Thompson Dean (1907–1984) tamén achegou valiosa información sobre a lingua ós estudosos antes de morrer.
Unami | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Estado de Nova York e Vermont | |
Extinción: | 2002[1] | |
Familia: | Álxico Algonquino Algonquino oriental Delaware Unami | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | unm
| |
Mapa | ||
Mapa do territorio dos lenape cos límites entre o munsee e o unami. | ||
Status | ||
Durante os século XVII e XVIII, o unami foi falado polos lenape no que hoxe se coñece como o estado de Nova Jersey, o sueste de Pensilvania e o norte de Delaware. Na década de 1860, o goberno dos Estados Unidos enviou a moitos lenape cara ó Territorio Indio (o actual estado de Oklahoma) baixo a política de deportación dos indios, e no presente tamén viven en Ontario e Oklahoma.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.