A lingua okanagan, tamén coñecida como colville-okanagan, ou nsyilxcən (n̓səl̓xcin̓, n̓syilxčn̓), é unha lingua salish falada polo pobo okanagan que habitaba na rexión da meseta interior da conca do río Okanagan no período precolonial. O seu territorio está dividido entre a Columbia Británica do Canadá e o Estado de Washington nos Estados Unidos de América. Despois da colonización británica, estadounidense e canadense durante o século XIX e a posterior asimilación de todas as tribos salish, o uso da lingua okanagan declinou drasticamente.

Datos rápidos Okanagan n̓səl̓xčin̓, Nsyilxcən, n̓syil̓xčn̓, Códigos de lingua ...
Okanagan
n̓səl̓xčin̓, Nsyilxcən, n̓syil̓xčn̓
Outros nomes:Colville-okanagan
Falado en: Estados Unidos de América e o Canadá
Rexións: Columbia Británica e Estado de Washington
Total de falantes: 50 (2007–2014)
75 como segunda lingua (2007)
Familia: Americana
 Salish
  Salish do interior
   Okanagan
Escrita: latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: oka
Mapa
Thumb
Mapa da familia de linguas salish. O okanagan atópase na fronteira en ton ocre.
Status
Thumb
O okanagan está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Pechar

O okanagan está en perigo de extinción, xa que non se transmite como primeira lingua, mais está a ser ensinada como segunda lingua por máis de 40 adultos e 35 nenos na cidade de Spokane, Washington, e por varias ducias de adultos na reserva india de Colville, no estado de Washington, así como polos habitantes do val do río Okanagan da Columbia Británica. Quedan arredor de 50 persoas que falan o okanagan con fluidez como primeira lingua, a maioría delas viven no val de Okanagan na Columbia Británica.[2] A lingua está nun estado moribundo e non ten falantes como primeira lingua de menos de 50 anos. O okanagan é a segunda lingua salish máis falada despois do shuswap.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.