From Wikipedia, the free encyclopedia
Leptotrombidium é un xénero de ácaros asiático da familia Trombiculidae, que funciona como reservorio e vector para a transmisión por medio da súa picadura da bacteria Orientia tsutsugamushi (antes chamada Rickettsia tsutsugamushi), a cal produce a febre tsutsugamushi.[1] A forma larvaria deste ácaro parasita os roedores, pero tamén ocasionalmente os humanos e outros grandes mamíferos, e é a única fase vital do parasito na que este pode transmitir a doenza. Están relacionados co xénero Trombicula, que é da mesma familia, e vive en Europa e Norteamérica.
Leptotrombidium | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Pensábase orixinalmente que os roedores eran o principal reservorio natural de O. tsutsugamushi e que os ácaros simplemente funcionaban como vectores da infección, é dicir, que os ácaros limitábanse a transmitir a infección desde os roedores aos humanos.[2][3] Pero hoxe sabemos que estes ácaros só se alimentan durante un período da súa vida nun só hóspede, o cal significa que a transmisión de roedor a home por medio dos ácaros é imposible (para iso o ácaro tería que alimentarse primeiro no roedor infectado e despois outra vez no home, cousa que non fai: só se alimenta nun deles).[4] En realidade, o que ocorre é que a bacteria persiste nos ácaros por medio dunha transmisión transovárica, a través dos ovos,[5][6][7] por medio dos cales os ácaros adultos transmiten a infección á súa futura descendencia. Os ácaros Leptotrombidium son, por tanto, tanto un vector de transmisión coma un reservorio da bacteria O. tsutsugamushi.[4] A infección afecta predominantemene ás femias do ácaro,[8] e non parece que afecte negativamente ao animal.
A larva ten unha cor laranxa pálida e aliméntase de tecido epitelial licuado, pero non de sangue, xa que as súas pezas bucais (quelíceros) son demasiado curtas para chegar aos vasos sanguíneos subcutáneos.[9] Teñen tres pares de patas (de adulto terá os 4 pares de patas que corresponden a un arácnido). As larvas normalmente parasitan a roedores mais tamén a humanos.[4] Para os humanos a súa picadura é indolora, e a dor só se produce normalmente cando a larva se despega da pel, deixando unha pápula vermella no lugar da picadura, que pode orixinar unha éscara.[10]
Os estados larvarios duran de 1 a 2 semanas. Despois da alimentarse, a larva cae ao chan e transfórmase en ninfa. A ninfa ten cor vermella ladrillo e 4 pares de patas (típico dun arácnido). O estadio ninfal dura de 1 a 3 semanas. As ninfas maduran a adultos, que teñen catro pares de patas, e o primeiro par é o máis longo. Os adultos son inofensivos para os humanos. No estadio poslarvario, non son parasitos e aliméntanse de material vexetal.[11] As femias poñen ovos un por un, que eclosionan nunha semana. A media de vida dun adulto é de 6 meses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.