From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Trombidiformes constitúen unha ampla e diversa orde de ácaros, que comprende unhas 125 familias e máis de 22.000 especies descritas.[1] O grupo ten poucas sinapomorfias que o definan, a diferenza do outro gran grupo de Acariformes, os Sarcoptiformes.[2] Caracterízanse por ter segmentos AN e PA anamórficos (non engadidos durante a ontoxenia), segmento C histerosomal con menos de catro pares de setas, e segmentos histerosomais D e E con menos de dous pares de setas.[3] Entre os seus membros hai algúns medicamente importantes (como os Demodex, algúns dos cales viven nos humanos, e os Trombiculidae) e moitas especies importantes para a agricultura, como os Tetranychidae e os ácaros das bugallas (Eriophyidae).[2] Os Trombidiformes poden dividirse en dous grupos: Sphaerolichida e Prostigmata.[2]
Trombidiformes | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Trombidium holosericeum | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subordes | |||||||||||||
Prostigmata |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.