enxeñeiro e político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, nado en Madrid o 14 de abril de 1926 e finado en Pozuelo de Alarcón, Madrid, o 3 de maio de 2008, foi un enxeñeiro e político español, Marqués da Ría de Ribadeo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Fillo de Leopoldo Calvo Sotelo. Rematou os seus estudos de enxeñeiro de camiños en 1951, pasando a ocupar cargos de directivo en RENFE (chegou a ser presidente desta empresa). Máis tarde foi nomeado conselleiro delegado de Unión de Explosivos Riotinto S.A. Posteriormente foi elixido procurador en Cortes como representante dos empresarios de industrias químicas, posto que ocuparía durante catro anos, até que en 1975 foi nomeado Ministro de Comercio durante a presidencia de Adolfo Suárez. Durante o goberno deste, desempeñou diversos cargos: Ministro de Obras Públicas, Ministro de Relacións coas Comunidades Europeas e Vicepresidente Segundo para asuntos económicos. En febreiro de 1981 foi investido Presidente do Goberno, tras a dimisión de Adolfo Suárez.
Durante a votación da súa candidatura para Presidente do Goberno (23 de febreiro de 1981), entraron no Parlamento varios gardas civís, que baixo o mando do tenente coronel Antonio Tejero pretendían dar un golpe de Estado militar. Este golpe foi abortado. O goberno de Calvo Sotelo nacía nunhas datas nas que as manifestacións populares contra a involución política, o paro e a debilidade da coalición política permanente protagonizaban a actividade pública española.
Durante o seu mandato, España uniuse á OTAN, que foi moi criticada polo PSOE.
Era tío de Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo (exministra de Educación), e sobriño de José Calvo Sotelo, quen fora Ministro de Facenda durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera.
Aínda que nado en Madrid, os seus tíos naceron en Galicia (Joaquín na Coruña e José en Tui como o seu pai), polo que Leopoldo Calvo-Sotelo conservaba un forte vencello coa vila de Ribadeo. Alí pasou parte da súa infancia, alí estudou o bacharelato e alí acudía tamén nos veráns. O rei Xoán Carlos I, o 24 de xuño de 2002, concedeulle o título de Marqués da Ría de Ribadeo con grandeza de España, creado a pé feito para el.[1]
Os seus restos mortais descansan no camposanto de Ribadeo.
Predecesor: José Luis Cerón Ayuso |
Ministro de Comercio de España 1975 - 1976 |
Sucesor: José Lladó Fernández-Urrutia |
Predecesor: Antonio Valdés González-Roldán |
Ministro de Obras Públicas de España 1976 - 1977 |
Sucesor: Carlos Pérez de Bricio Olariaga |
Predecesor: Novo cargo |
Ministro de Relacións coas Comunidades Europeas de España 1978 - 1980 |
Sucesor: Eduard Punset Casals |
Predecesor: Fernando Abril Martorell |
Vicepresidente Segundo do Goberno de España 1980 - 1981 |
Sucesor: Cargo suprimido |
Predecesor: Adolfo Suárez |
Presidente do Goberno de España 1981 - 1982 |
Sucesor: Felipe González |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.