músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Lee M. Ranaldo, nado on 3 de febreiro de 1956 en Glen Cove, Nova York, é un músico, escritor, produtor e artista visual estadounidense coñecido por ser vocalista, guitarrista, compositor e cofundador da banda de rock alternativo Sonic Youth. No ano 2004 a revista Rolling Stone elixiu a Ranaldo e ao seu compañeiro Thurston Moore o 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos respectivamente.[1] No mes de maio de 2012 a revista Spin publicou unha lista dos 100 mellores guitarristas, e Ranaldo e Moore quedaron situados no número 1.[2]
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1956 (68 anos) Glen Cove, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade de Binghamton (pt) Oyster Bay High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nova York |
Ocupación | guitarrista, cantautor, músico, artista visual, director de fotografía, produtor musical, cantante, compositor, poeta, artista de instalacións |
Período de actividade | 1980 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo e indie rock |
Instrumento | Guitarra, voz e instrumento musical electrónico |
Selo discográfico | Matador Records Drunken Fish Records (en) Neutral Records |
Familia | |
Cónxuxe | Leah Singer |
Descrito pola fonte | UbuWeb (en) |
Páxina web | sonicyouth.com… |
|
Ranaldo ten tres fillos, Cody Linn Ranaldo, Sage Ranaldo e Frey Ranaldo, e está casado coa artista experimental Leah Singer, coa cal ten feito moitas performances en directo con música improvisada.
Ranaldo naceu en Glen Cove, Long Island, Nova York. Medrou escoitando discos dos Rolling Stones, The Kinks, Cream, Led Zeppelin, Talking Heads e Television, e graduouse na Binghamton University. Ten tres filos, Cody, Sage e Frey, e casou dúas veces, primeiro con Amanda Linn en 1981 da que se divorciou, e agora coa artista experimental Leah Singer.
Mentres estaba na universidade tocou nunha banda experimental de punk rock chamada Fluks.[3] En 1979 trasladouse a Brooklyn onde intentou revivir Fliks e onde se uniu a diversos proxectos como Guitar Trio con Rhys Chatham[3] e Plus Instruments.[4] A través de Chatham coñecería ao compositor Glenn Branca e uniuse á súa orquestra de guitarras eléctricas.[5] Un ano máis tarde Thurston Moore oganizou o Noise Festval na galería de arte White Columns e convidouno a formar parte do seu grupo, no que tamén estaba a súa moza Kim Gordon, nacendo así Sonic Youth. Ao pouco tempo uniríaselles o batería Richard Edson.
Ademais da súa actividade con Sonic Youth, Ranaldo vén sendo unha figura moi activa na escena musical de Nova York, gravando e colaborando con numerosos artistas, producindo discos, e publicando varios libros.[5]
Entre as gravacións en solitario de Ranaldo atópanse Dirty Windows, unha colección de textos falados con música; Amarillo Ramp (For Robert Smithson), pezas para guitarra; e Scriptures of the Golden Eternity. Escribiu tamén libros, moitos dos cales inclúen imaxes e fotografías da súa muller, como Bookstore, Road Movies e Jrnls80s.
Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
From Here to Infinity | 1987 | SST Records, Blast First | |
Scriptures of the Golden Eternity | 1993 | Father Yod, Drunken Fish Records | |
Dirty Windows | 1999 | Barooni | |
Amarillo Ramp (For Robert Smithson) | 2000 | Starlight Furniture Co. | |
Outside My Window The City Is Never Silent - A Bestiary | 2002 | Chocolate Monk, Hell's Half Halo | |
Music for Stage and Screen | 2004 | Les Disques Du Soleil Et De L'Acier | |
Ambient Loop for Vancouver | 2006 | Important Records | |
Maelstrom from Drift | 2008 | Three Lobed Recordings | |
Between the Times and the Tides | 2012 | Matador Records | |
Last Night on Earth | 2013 | Matador Records | con The Dust |
Acoustic Dust | 2014 | El Segell | con The Dust |
Electric Trim | 2017 | Mute Records |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.