numismática italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Laura Breglia, nada o 5 de febreiro de 1912 en Nápoles e finada o 2 de xuño de 2003 en Roma, foi unha numismática e profesora universitaria italiana especializada no campo da numismática da Antiga Grecia.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1912 Nápoles, Italia |
Morte | 2 de xuño de 2003 Roma Italia |
País de nacionalidade | Italiana |
Educación | Universidade Federico II |
Q89547790 | Estudos de numismática grega |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | numismático |
Empregador | Universidade de Roma La Sapienza |
Laura Breglia cursou o seu ensino primario e secundario na súa cidade natal, e en 1933 graduouse en Filoloxía Clásica na Universidade Federico II, tamén en Nápoles. Ao pouco de graduarse comezou a interesarse pola numismática e a ourivaría clásicas.[1]
En 1934 comezou a traballar no Museo Arqueolóxico de Nápoles para se encargar da reordenación da súa colección numismática, traballo que compaxinou a partir de 1938 co de profesora axudante da cátedra de Arqueoloxía na universidade napolitana. A partir de 1840 comezou a impartir tamén clases de numismática, de xeito gratuíto, ata que en 1944 a universidade a contratou como profesora desa materia. Breglia ocupábase a un tempo da docencia universitaria e do seu labor no Museo Arqueolóxico de Nápoles, e a isto uniu a súa vinculación ao Museo Nacional de Reggio Calabria, aberto en 1949.[1]
En 1952 foi contratada como profesora de Numismática na escola de posgrao da Universidade de Roma La Sapienza, e na Facultade de Letras e Filosofía desa mesma universidade ocupou a cátedra de Numismática Grega e Romana, de xeito interino desde 1954 e xa formalmente a partir de 1968.[1]
Xa en Roma, ingresou no Instituto Italiano de Numismática para se responsabilizar da xestión científica e para dirixir, a partir de 1954, a nova revista da institución, Annali dell'Istituto italiano di numismatica, nuns anos que marcaron un novo pulo nos estudos numismáticos en Italia.[2] Breglia chegou a ser presidenta do Instituto entre 1962 e 1991. En 1965 impulsou tamén a creación do Centro Internacional de Estudos Numismáticos.[1]
Entre 1955 e 1972 foi membro da xunta de goberno do Consello Internacional de Numismática (CIN), organización da que foi vicepresidenta entre 1959 e 1968. En 1961 dirixiu o Congreso Internacional de Numismática que o CIN celebrou en Roma, nun ambiente que supuxo unha renovación nas investigacións sobre o mundo antigo en Italia e que se trasladou ao seguinte congreso, celebrado en Copenhague en 1967.[1] Giovanni Gorini fíxose eco dese ambiente e do papel de Laura Breglia nun artigo na Rivista italiana di numismatica con estas palabras: "un [...] novo curso parece impregnar toda a investigación da Antigüidade en Italia, grazas en parte a Bianchi Bandinelli e á súa escola e, para a numismática, en particular a Laura Breglia e os seus estudantes [...]".[2]
Laura Breglia foi comisionada para diversas misións estatais relacionadas coa numismática, como a reorganización da colección de Vítor Manuel III (en 1952), doada ao Estado cando este marchou ao exilio e asignada ao Instituto Italiano de Numismática; o recoñecemento (en 1954) das moedas recuperadas polo exército aliado no Banco de Italia; a reordenación (tamén en 1954) da colección numismática da Casa da Moeda de Roma; ou a inventariación (en 1958) de todas as coleccións públicas de moedas de Italia.[1]
A vinculación de Laura Breglia coa Universidade de Roma concluíu en 1982, cando foi nomeada profesora emérita.[1]
Entre as entidades numismáticas das que Laura Breglia foi membro ao longo da súa carreira cabe salientar as seguintes:[1]
A obra de Laura Breglia é moi ampla. Esta é unha mostra non exhaustiva da súa produción no que se refire ás monografías:[3][4][5]
En 1987 publicouse unha obra conxunta de colaboracións sobre numismática como homenaxe a Laura Breglia por parte de antigos compañeiros, logo da súa xubilación en 1982:[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.