From Wikipedia, the free encyclopedia
Lacuna Coil é un grupo de metal gótico formado en Milán, Italia en 1994. Antigamente foron coñecidos como Sleep of Right e Ethereal.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Lacuna Coil | |
---|---|
Cristina Scabbia e Andrea Ferro nunha actuación | |
Orixe | Milán, Italia |
Período | 1994 - |
Xénero(s) | Gothic metal,[1][2][3][4][5] metal alternativo,[6] Nu metal[7][8][9] |
Selo(s) discográfico(s) | Century Media |
Membros | Andrea Ferro Marco Coti Zelati Cristina Scabbia Ryan Blake Folden Diego Cavallotti |
Antigos membros | Michaelangelo Algardi Raffaele Zagaria Claudio Leo Leonardo Forti Cristiano Migliore Cristiano Mozzati Marco Biazzi |
Na rede | |
http://www.lacunacoil.it e http://www.lacunacoil.com/ | |
A música de Lacuna Coil está inspirada na cultura gótica e Nu Metal, usando acordes de guitarra melódicos, alternando voces pesadas e un pouco de influencia pop. Sengundo as súas propias declaracións, a banda está influenciada por grupos coma Paradise Lost, Tiamat, Septic Flesh e Type O Negative.
A banda formouse en 1994 co nome de Sleep of Right. Logo, en 1995, cambiáronse o nome a Ethereal, e asinaron un contrato coa casa discográfica Century Media en 1997. Atopando que o nome Ethereal xa era doutra banda, decidiron renomearse como Lacuna Coil (que significa «espiral baleiro» en italiano).
Nese entón, o grupo estaba composto por Cristina Scabbia, Andrea Ferro e Marco Coti Zelati. A banda gravou un EP, homónimo á banda, e emprenderon un xira apoiando aos compañeiros de discográfica Moonspell. Nesta xira uníronse á banda Cristián Migliore e Cristián Mozzati, guitarrista e batería respectivamente.
Logo gravaron o seu primeiro LP, In A Reverie, e uniuse á banda o guitarrista Marco Biazzi. A banda realizou outra vira por Europa, acompañando á banda Skyclad.
En 2002, o grupo lanzou o albúm Comalies, que foi aclamado pola crítica do heavy metal en todos os recunchos do mundo. Un ano despois, o primeiro sinxelo deste albúm, Heaven's A Lie, comezou a atraer a atención e lanzou á banda ao estrellato. O segundo sinxelo, Swamped, tamén se converteu nun grande éxito e foi usado na banda sonora do videoxogo Vampire:The Masquerade - Bloodlines e tamén na película Resident Evil: Apocalypse. Graváronse vídeos para ambos sinxelos e foron transmitidos continuamente pola MTV, estendendo a popularidade da banda.
No 2004, Comalies converteuse no álbum máis vendido na historia da discográfica. A banda apareceu no Ozzfest e realizou varias xiras por Europa e os Estados Unidos.
A principios de 2006, o grupo lanzou o seu álbum Karmacode, a secuela do grande éxito mundial que representou Comalies.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.