cantante italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristina Adriana Chiara Scabbia, nada o 6 de xuño de 1972 en Milán, é unha cantante e compositora italiana, coñecida por ser unha dos dous vocalistas do grupo italiano de gothic metal Lacuna Coil.[1] Scabbia participout tamén nun tema de Megadeth, "À Tout le Monde (Set Me Free)", así como no álbum The Theory of Everything do proxecto de Arjen Anthony Lucassen Ayreon, e como artista invitada no tema de Apocalyptica "S.O.S. (Anything But Love)" e nunha versión do tema de Alter Bridge "Watch Over You". Scabbia mantén unha relación co guitarrista de Slipknot Jim Root dende o 2004
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1972 (52 anos) Milán, Italia |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora de cancións |
Período de actividade | 1994 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Gothic metal |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Century Media Records |
No 1991 Scabbia comezou a súa carreira profesional como músico de xira para varios grupos como vocalista de coros.[2] Ese mesmo ano coñeceu ó vocalista Andrea Ferro e o baixista Marco Coti Zelati nun club de Milán, comezando un grupo con eles.[3][4] Naquel entón o grupo chamouse Ethereal, e Scabbia comezou como vocalista de gravación para os coros da súa demo, pero o grupo considerou que o conxunto de voces masculina e feminina soaba ben polo que pasou a ser un membro permanente do grupo.[5] En maio de 1996 gravaron unha demo de dous temas, firmando un contrato con Century Media e cambiando o seu nome a Lacuna Coil xa que xa existía un grupo greo co mesmo nome de Ethereal. Nese ano comezaron a realizar varios concertos xa coa súa formación completa, e publicaron o seu primeiro álbum de estudio no ano 1997.[6]
Title | With |
---|---|
The Theory of Everything[7] | Ayreon |
"Beautiful Lie" | Emiliano Audisio |
"Nell'acqua" | Rezophonic |
"Watch Over You"[8] | Alter Bridge |
"Basta!" | L'Aura feat. Rezophonic |
"S.O.S. (Anything But Love)" | Apocalyptica |
"À Tout le Monde (Set Me Free)" | Megadeth |
"Can You Hear Me?" | Rezophonic |
"I'm That" | Franco Battiato |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.