Kingston, Illa Norfolk

From Wikipedia, the free encyclopedia

Kingston, Illa Norfolkmap

Kingston (en lingua norfolk Daun a'Taun)[1] é a capital do territorio australiano no Pacífico Sur da Illa Norfolk. As oficinas virreinais, lexislativas, administrativas e xudiciais están situadas en Kingston. A cidade é a segunda máis antiga de Australia, e é de grande importancia histórica e cultural para todos os insulares de Norfolk e outros australianos.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Kingston, Illa Norfolk
Thumb

Localización
Thumb
 29°03′00″S 167°58′00″L
EstadoAustralia
Territorio externoIlla Norfolk
Capital de
Xeografía
Altitude20 m
Creación1788
Identificador descritivo
Código postal2899

Sitio webpitcairners.org…
Pechar

Historia

A cidade foi fundada o 6 de marzo de 1788 polo tenente Philip Gidley King e 22 colonos (incluíndo 9 homes e 6 mulleres convictas) que desembarcaron ese día do HMT Supply.[2] Partiran de Port Jackson tan só unhas semanas despois do establecemento da colonia Británica de Nova Gales do Sur. O asentamento foi inicialmente coñecido como Sidney ou Sydney Bay, e por 1796 era chamada "cidade de Sydney",[3] en honor do vizconde Sydney, ministro do Interior británico e patrón da Primeira Frota. King estableceuse nunha casa no outeiro sobre a cidade, a masa de raíces no chan fixo que a chamaran "rooty hill",[4] cuxo nome foi adoptado en Rooty Hill, Nova Gales do Sur cando posteriormente King estableceu unha casa alí.

Kingston sería así o asentamento orixinal dos colonos occidentais na Illa Norfolk. Con todo, este asentamento foi abandonado en 1814, e os edificios foron destruídos para evitar que outras persoas ocupásenos. En 1825, a illa foi reocupada, esta vez como unha colonia penal británica con capacidade para 2000 presos. A colonia gañou fama de someter os prisioneiros a un tratamento brutal, e foi pechada pola presión pública entre 1855 e 1856.

No 2004, o Ministro de Terra e Ambiente australiano Ivens "Toon" Buffett foi asasinado na cidade, foi o segundo asasinato coñecido na illa desde 1893.

Na actualidade, a cidade é pouco máis que o centro administrativo deste territorio autónomo australiano, sen que funcione apenas como asentamento. A capital de facto é a cidade de Burnt Pine, no interior da illa, que é o verdadeiro centro económico e vital da illa.

Xeografía

Kingston atópase aliñada este-oeste na chaira de Kingston que se eleva desde a costa ata aproximadamente 20 m sobre o nivel do mar nos contrafortes dos cantís de Kingston. A chaira ten 1´5 km. de longo por aproximadamente 500 m. de ancho, con area calcaria cara ao sur ao longo da costa e arxilas basálticas cara ao norte ao longo dos contrafortes. O extremo occidental da chaira está marcado polos 60 m. de alto de Flagstaff Hill. O arroio de Watermill Creek atravesa a chaira logo de nacer en Arthur Vale ao noroeste, e únese ao arroio Town Creek e varios afluentes menores para formar os pantanos de Kingston antes de desembocar na baía de Emily. A maioría das praias accesibles da illa atópanse ao longo das beiras de Kingston. Cara ao sur, Emily Bay e Slaughter Bay ábrense á lagoa de Kingston e aos arrecifes e a ampla extensión da baía de Sydney. Cara ao leste, o cemiterio da baía ábrese directamente no océano Pacífico sur.

Clima

Máis información Datos climáticos para Kingston, Mes ...
Datos climáticos para Kingston
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 26 25 24 23 21 19 18 18 19 21 22 24 21,7
Media mínima en °C 19 20 19 18 16 16 14 13 14 16 17 18 16,7
Precipitación media mm 84 109 94 130 145 140 155 137 94 94 66 86 1 334
Fonte: Weatherbase [5]
Pechar

Goberno municipal

Non existe un nivel de gobernación municipal na illa de Norfolk, e a cidade non ten límites formais. As funcións municipais como a recolleita de lixo e mantemento de aseos públicos e vestiarios xunto á praia están a cargo da Kingston and Arthurs Vale Historic Area Conservation & Maintenance Team. A cidade non ten emblemas heráldicos distintivos.

Pobos e aldeas próximas

A cidade de Burnt Pine atópase a 3 km. cara ao noroeste, e a aldea de Middlegate a 2 km. ao norte. A deshabitada Illa Nepean e Philip Island dominan a vista ao mar desde Kingston.

Patrimonio da Humanidade

Kingston atópase no centro da Kingston and Arthurs Vale Historic Area, que foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade o 31 de xullo de 2010 como un dos grupo de once sitios das colonias penais australianas.

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.