Un arrecife[1] ou escollo[2] é unha rocha, baixío, ou calquera outro elemento que xace 6 brazas (aprox. 11 metros) ou menos baixo a superficie da auga durante marea baixa. Moitos arrecifes son o resultado de procesos abióticos, deposición de area, erosión de ondas planeando afloramentos rochosos, e outros procesos naturais, mais os arrecifes máis coñecidos son probablemente os arrecifes de coral formados en procesos bióticos dominados por corais e algas calcáreas. Arrecifes artificiais, tales como pecios, créanse en certas ocasións para mellorar a complexidade física en fondos areosos sen relevo, co fin de atraer un conxunto de organismos máis diverso, especialmente peixes.
O sistema de arrecifes de coral máis grande da Terra é a Gran Barreira de Coral en Australia, cunha lonxitude de máis de 2300 quilómetros.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.