numismático estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Kenneth Edward Bressett, nado en Keene, Nova Hampshire, o 5 de outubro de 1928, e un escritor e editor numismático estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1928. Keene, Estados Unidos de América (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos. |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison |
Q89547790 | Presidente da American Numismatic Association. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | coleccionismo de moedas, numismático |
Período de actividade | 1962 - |
Familia | |
Cónxuxe | Bertha Britton (1950). |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". |
Kenneth Bressett nado en Keene, Nova Hampshire en 1928,[1] comezou a interesarse polas moedas na súa infancia, en 1937.[2]
En 1947 ingresou na Dresser Business School e despois cursou estudos superiores de Artes Gráficas na Universidade de Wisconsin. O seu primeiro traballo foi como impresor e compositor para a Sentinel Publishing Company, entre 1949 e 1959.[1]
Bressett afiliouse á American Numismatic Association (ANA) en 1947.
En 1957 comezou a traballar como editor independente no coñecido como Red Book, un célebre catálogo da moeda estadounidense confeccionado e editado por Richard S. Yeoman, e publicado por Whitman Publishing. Yeoman invitárao a colaborar dese xeito, logo de que Bresser o advertira dalgúns erros que detectara no catálogo. En 1959 foi contratado pola compañía como editor axudante, ata que en 1971, logo da xubilación de Yeoman, asumiu o cargo de editor do catálogo.[3] Ademais de se encargar desta obra, Bressett publicou e foi editor doutros catálogos na mesma editora, entre eles o Blue Book, e entre 1964 e 1968 foi tamén o editor e director do Whitman Numismatic Journal.[1][4]
Na década de 1950 comezou tamén a fotografar moedas, entre elas o dólar de 1804, varias moedas da colección de Louis E. Eliasberg e moitos dos centavos grandes utilizados logo por William Herbert Sheldon na súa obra Penny Whimsy. Durante ese tempo, descubriu doce novas variedades de moedas coloniais.[5]
Paralelamente, Bressett traballou como consultor numismático para a colección de F. Newell Childs, que máis tarde se vendeu nunha poxa pública por máis de oito millóns de dólares.[6]
En 1980, Bressett cesou a súa vinculación profesional con Whitman Publishing para traballar en Kagin's Numismatic Investment Corp, en Des Moines, Iowa, entre 1981 e 1982, como vicepresidente e consultor numismático.[1]
Entre 1982 e 1988 incorporouse profesionalmente á American Numismatic Association (ANA); primeiro como director da axencia de certificación da entidade —ANACS— (1982-1984), logo como director de autenticación de moedas e programas educativos (1985-1988)[1]; despois como vicepresidente (1989-1994) e, finalmente, presidente da ANA (1995-1997).[7][8] Xunto co editor Abe Kosoff, foi tamén responsable das normas oficiais de clasificación de moedas dos Estados Unidos da American Numismatic Association, publicadas por primeira vez en 1977.[1]
No bienio 1989-1990 incorporouse á compañía Premier Coin Investments, de Apple Valley, Minnesota, como vicepresidente e director de servizos numismáticos.[1]
O prestixio de Bressett como numismático levouno a ser nomeado polo presidente Lyndon Johnson membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos en 1966,[1] e tres décadas despois, en 1996, foi nomeado tamén membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda.[4]
Bressett retirouse da súa dedicación total ao mundo editorial aos 90 anos, en 2018, e Whitman Publishing pasou a consideralo como "editor emérito".[3][9][10] No entanto, seguiu escribindo libros, un en 2021, acerca do Red Book de R. S. Yeoman,[11] e outro en 2022, sobre a arqueoloxía no Antigo e no Novo Testamento.[12][13]
En marzo de 2022, no marco do National Money Show de Colorado Springs, a compañía Classical Numismatic Group (CNG) sacou a poxa pública a súa colección de moedas antigas e británicas.[14][15]
Kenneth Bressett casou con Bertha Britton o 7 de outubro de 1950, con quen tivo dous fillos e unha filla.[1] A súa esposa finou en 2012.[16]
Como escritor numismático, Bressett contribuín cun bo número de artigos en diversas publicacións periódicas do seu país, como Coin World, Coins, Numismatic News ou The Numismatist.[1] Ademais foi autor de máis dunha ducia de monografías, entre as que destacan as seguintes:[23][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.