Remove ads
numismático estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Richard Sperry Yeoman, nado o 15 de agosto de 1904 e finado o 9 de novembro de 1988 en Tucson, Arizona, foi un coleccionista de moedas estadounidense e autor de catálogos numismáticos vinculado desde a década de 1930 á editorial Whitman Publishing.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto 1904 Estados Unidos de América |
Morte | 9 de novembro de 1988 (84 anos) Tucson. Arizona Estados Unidos |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | coleccionismo de moedas, numismático |
Familia | |
Cónxuxe | Marion Junkerman |
Premios | |
(1952): Ao mérito (ANA). (1956): Farran Zerbe (ANA). (1977): Clemy (NLG). |
O seu apelido de nacemento era Yeo, e Yeoman foi o pseudónimo que utilizou nas súas publicacións.[1]
Cando na súa infancia traballaba como repartidor de xornais, caeu nas súas mans unha moeda dun centavo tipo Indian Head que lle chamou a atención e foi o inicio da súa colección numismática.[1]
Yeoman cursou os seus estudos superiores na Universidade de Wisconsin en Madison e a continuación comezou a traballar na editora Whitman Publishing Company, en Racine, onde se ocupou do deseño e a comercialización dos expositores e álbums para coleccións de moedas que a empresa producía, ata que finalmente acabou por adquirir os dereitos de fabricación destes populares produtos, mantendo a marca primitiva.[1][2]
Na década de 1940 comezou a publicar en Whitman Publishing os seus propios catálogos de moedas dos EEUU e mundiais, que se fixeron moi coñecidos entre os coleccionistas e nos que introduciu un sistema de numeración propio.[1] A partir da súa xubilación en 1970 foi sucedido polo seu ata entón axudante Kenneth E. Bressett, na redacción dos catálogos, aínda que Yeoman segue a figurar como autor en todas as edicións posteriores actualizadas.
Yeoman formou parte da American Numismatic Association (ANA) e en 1946 ingresou no seu comité de dirección. En 1973 dooulle á ANA un conxunto de 1764 moedas da súa colección particular. Tamén foi un dos membros da Assay Commision dos EEUU en 1964.[1]
O 9 de novembro de 1988 morreu en tanto que conducía o seu automóbil preto da súa casa en Tucson, Arizona.[2]
Yeoman casou con Marion Junkerman, con quen tivo unha filla.
Estas son os catálogos publicados por Ricrad S. Yeoman ao longo da súa carreira.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.