From Wikipedia, the free encyclopedia
Karel Reisz, nado en Ostrava o 21 de xullo de 1926 e finado en Camden, Londres,[1] o 25 de novembro de 2002, foi un cineasta británico de orixe checa, un dos pioneiros do novo realismo no cinema británico durante as décadas de 1950 e 1960.
(1966) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1926 Moravská Ostrava, República Checa (en) |
Morte | 25 de novembro de 2002 (76 anos) Camden Town, Reino Unido |
Grupo étnico | Pobo checo |
Educación | Emmanuel College (pt) Leighton Park School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino Unido |
Ocupación | director de cinema, realizador, produtor, director teatral, guionista, produtor de cinema, escritor, crítico de cinema |
Carreira militar | |
Rama militar | Czechoslovak army in exile (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Betsy Blair (1963–2002) |
Cronoloxía | |
16 de agosto de 1944 | alistamento militar (pt) (Reino Unido) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Records of persons of interest (en) The Times, (p.2 and 44) >>>:Karel Reisz |
Reisz naceu en Ostrava (Checoslovaquia) de ascendencia xudía.[2] O seu pai era avogado.
Reisz foi un refuxiado, un dos 669 rescatados por Nicholas Winton.[3][4] Chegou a Inglaterra en 1938, case sen falar inglés, mais erradicou o seu acento estranxeiro o máis rápido que puido.[5] Tras asistir á Leighton Park School, alistouse na Royal Air Force cara ao final da guerra; os seus pai morreron en Auschwitz.[6][7] Tralo servizo na guerra, estudo ciencias naturais no Emmanuel College, Cambridge, e comezou a escribir para revistas de cinema, incluída Sight and Sound. Cofundou Sequence con Lindsay Anderson e Gavin Lambert in 1947.
Reisz foi un dos fundadores do movemento cinematográfico coñecido como Free Cinema. O seu libro de texto The Technique of Film Editing publicouse por primeira vez en 1953. A súa primeira curtametraxe, Momma Don't Allow (1955), coescrita e codirixida con Tony Richardson, foi incluída no primeiro programa sobre Free Cinema exhibido no National Film Theatre en febreiro de 1956.[8]
Produciu Every Day Except Christmas (1957) dirixido por Lindsay Anderson e Band Wagon (1958). Reisz e Anderson produciron e dirixiron March to Aldermaston (1959), e posteriormente Reisz dirixiu en solitario We Are the Lambeth Boys (1959), unha descrición naturalista dos membros dun club social do sur de Londres, mostrando o lecer dos adolescentes de clase traballadora, con música skiffle e cigarros, crícket, debuxos e grupos de discusión.[9] O filme participou no Festival de Cinema de Venecia e a BBC realizou dúas secuelas sobre o mesmo grupo e club emitidas en 1985. Produciu tamén I Want to Go to School (1959) de John Krish.
A súa primeira longametraxe, Saturday Night and Sunday Morning (1960) estaba baseada na novela socialrealista de Alan Sillitoe, e empregaba moitas das técnicas dos seus primeiros documentais. En particular, as escenas filmadas na fábrica da Raleigh en Nottingham teñen o aspecto dun documental, e dan á historia un vívido sentido de verosimilitude.[10] O filme gañou o gram premio no Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata de 1961.[11] Foi un éxito de público e converteu en estrela a Albert Finney.
Reisz dirixiu unha serie de televisión, Adventure Story (1961), e prouciu a longametraxe con que debutou Anderson, This Sporting Life (1963), antes de reunirse de novo con Finney en Night Must Fall (1964). Posteriormente dirixiu Morgan – A Suitable Case for Treatment (1966), adaptado por David Mercer a partir da súa obra teatral para televisión de 1962, e Isadora (1968), biografía da bailarina Isadora Duncan, con guión de Melvyn Bragg e protagonizada por Vanessa Redgrave.
O primeiro filme de Reisz nos Estados Unidos foi The Gambler (1974) con James Caan.[12][13] En 1978 dirixiu Soldados da heroína (1978) con Nick Nolte e Tuesday Weld.[14] Esperábase que a este seguise unha adaptación da novela The Doctor's Wife de Brian Moore baseado nun guión de Joe Eszterhas, mais o filme nunca se fixo.[15]
De volta en Londres, dirixiu A muller do tenente francés (1981), posiblemente o filme con máis éxito da súa última etapa.[16] Adaptación da novela de John Fowles por Harold Pinter, estivo protagonizado por Jeremy Irons e Meryl Streep. En 1982 dirixiu no teatro en Boston Gardenia Dreams, de John Guare.[17] En 1985 realizou Sweet Dreams (1985), baseado na vida da cantante Patsy Cline, protagonizado por Jessica Lange. Tras el, escribiu un guión sobre Libby Holman para Ray Stark, mais non chegou á pantalla.[18]
O último filme de Reisz foi Everybody Wins (1990), con guión de Arthur Miller sobre a súa propia obra. Entre 1991 e 2001, centrouse na dirección teatral en Londres, Dublín e París.[19] Dirixiu unha adaptación de The Deep Blue Sea (1994) para a televisión británica e en 1995 Moonlight de Harold Pinter con Jason Robards e Blythe Danner. Dirixiu nun festival Beckett no Lincoln Center en 1996 Happy Days, en 1999 Ashes to Ashes de Pinter con Lindsay Duncan e David Strathairn no Roundabout Theater Company e, no festival Pinter no Lincoln Center en 2001, A Kind of Alaska e Landscape. Cando o Gate Theaterfilmou todas as obras teatrais de Beckett, Reisz encargouse de Act Without Words I (2001).
Reisz tivo tres fillos coa súa primeira esposa Julia Coppard, da que se divorciou.[20] Reisz casou coa actriz Betsy Blair en 1963, matrimonio que durou ata a morte del.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.