Vanessa Redgrave

actriz británica From Wikipedia, the free encyclopedia

Vanessa Redgrave
Remove ads

Vanessa Redgrave, nada en Greenwich, Londres o 30 de xaneiro de 1937, é unha actriz de cinema, teatro e televisión inglesa.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia de actores, filla de Michael Redgrave e Rachel Kempson. Os seus irmáns máis novos foron os tamén actores Lynn Redgrave e Corin Redgrave.

A súa primeira aparición nos teatros londinienses foi en 1958 xunto co seu irmán. Desde entón seguiu actuando en escenarios europeos e estadounidenses, gañando un premio Tony en 2003.

Os seus primeiros papeis protagonistas no cinema chegaron nos anos sesenta, con películas destacadas coma Morgan: A Suitable Case for Treatment, Ampliación ou Isadora.

En 1977 foi a narradora do documental The Palestinian, sobre as actividades da OLP. Ese mesmo ano rodou Julia, na que interpretaba unha muller asasinada polos nazis antes da segunda guerra mundial. Cando foi nomeada ao oscar á mellor actriz secundaria, que logo gañaría, por este papel, un grupo de xudeus radicais protestou fóra da cerimonia polo seu apoio á causa palestina.[1]

Tras este filme participou en numerosas películas, como Howards End ou Mission: Impossible.

Do seu matrimonio co director Tony Richardson naceron dúas fillas, as actrices Joely e Natasha Richardson, esta última finada en 2009. Da súa relación co actor Franco Nero naceu o director e guionista Carlo Gabriel Nero.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads