Ampliación (filme)
Filme de 1966 dirixido por Michelangelo Antonioni From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ampliación (en inglés: Blowup) é un filme dirixido por Michelangelo Antonioni que se estreou en 1966. Conta a historia dun fotógrafo de moda, interpretado por David Hemmings, que cre que capturou involuntariamente un asasinato na película da cámara. Foi o primeiro filme de Antonioni completamente en lingua inglesa.[2]
Remove ads
Estreouse en galego a través da TVG o 29 de abril de 1989.[3]
Remove ads
Sinopse
Thomas é un recoñecido fotógrafo de moda de Londres, que realiza por encargo unha serie de fotografías que reflicten diversas situacións cotiás para ilustrar libros, dende unha mirada e óptica tan peculiar como íntima. Unha mañá, mentres está percorrendo un parque tirando fotos das paisaxes da zona, comeza a fotografar unha parella que casualmente estaba conversando nese lugar. A muller, sobresaltada, pídelle que lle devolva as fotografías, mesmo ofrecéndolle diñeiro por elas, proposta á que Thomas se nega. Finalmente, e ante un xogo de sedución levado a cabo pola muller na propia casa de Thomas, este accede. Con todo, ao quedar cun rola da cinta, atopa algo nas fotos que lle chama a atención. Ao ampliar a fotografía en grandes cadros, descobre que a acción e a circunstancia da parella nese parque non foron tan casuais como no seu momento parecía.
Remove ads
Personaxes
- David Hemmings como Thomas
- Vanessa Redgrave como Jane
- Sarah Miles como Patricia
- John Castle como Bill
- Jane Birkin como a loira
- Gillian Hills como a morena
- Peter Bowles como Ron
- Veruschka von Lehndorff como ela mesma
- Julian Chagrin como Mime
- Claude Chagrin como Mime
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads