numismático checo From Wikipedia, the free encyclopedia
Karel O. Castelin, nado o 2 de maio de 1903 en Dubá, República Checa, e finado o 14 de agosto de 1981 en Praga, foi un numismático checo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1903 Dubá, República Checa (pt) |
Morte | 14 de agosto de 1981 (78 anos) Praga República Checa |
País de nacionalidade | Checa |
Educación | Universidade Carolina |
Q89547790 | Estudos de moeda medieval e de moeda celta. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Cronoloxía | |
28 de setembro de 1944-29 de setembro de 1944 | Transport Ek from Theresienstadt,Ghetto,Czechoslovakia to Auschwitz Birkenau,Extermination Camp,Poland on 28/09/1944 (en) |
3 de agosto de 1942-3 de agosto de 1942 | Transport AAw (en) |
Premios | |
- 1969: Jeton de Vermeil (SFN). - 1978: Premio Derek Allen (BA). |
Karel Castelin naceu na vila de Dubá, na rexión setentrional checa de Liberec, fillo do avogado Benno Castelin e proveniente dunha familia de funcionarios austríacos.[1]
Malia a súa afección temperá pola numismática, primeiro como coleccionista e despois como científico e investigador, a súa vida laboral transcorreu na factoría de aceiro de Kladno, preto de Praga, onde traballou como directivo ata a súa xubilación en 1971.[1]
Paralelamente á súa profesión, realizou os seus estudos superiores na Universidade Carolina de Praga, onde se doutorou en Historia Antiga, Arqueoloxía e Numismática coa tese titulada The coinage of Rhesaena in Mesopotamia, non publicada ata 1946 por cuestións políticas.[1][2]
As súas obras abordan aspectos moi variados da numismática, mais son dous os focos fundamentais: por unha banda as cuñaxes de Bohemia na baixa Idade Media e por outra parte a numismática celta. Neste último ámbito abordou toda a moeda celta desde unha perspectiva xeral e cunha metodoloxía científica como ninguén o fixera ata o momento, e foi recoñecido internacionalmente como unha autoridade nesa materia.[1][3]
Un dos seus proxectos máis salientables, xa na súa derradeira etapa, foi a catalogación da colección de moeda celta do Museo Nacional Suízo de Zúrich, que se publicou en 1978.[1][4]
No seu país, Castelin dirixiu a Sociedade Numismática Checa e tamén foi membro da comisión numismática do Instituto de Historia Xeral e Checa, da Academia de Ciencias da República Checa. Ademais, fóra das súas fronteiras pertenceu a diversas entidades asociativas e académicas, entre elas a Sociedade Suíza de Numismática, na que ingresou en 1966 e que o nomeou membro de honra en 1972.[1] Tamén a Royal Numismatic Society de Londres o nomeou membro de honra, en 1968.[5]
Esta é unha escolma dos artigos publicados por Karel Castelin nas principais revistas europeas de numismática do seu tempo, así como das súas monografías máis salientables:[8][9][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.