From Wikipedia, the free encyclopedia
O KK Split (Košarkaški klub Split) é un club de baloncesto profesional da cidade de Split, Croacia. É un dos máximos expoñentes do baloncesto croata, chegando a gañar tres Copas de Europa a comezos dos anos 1990, daquelas coñecidos co nome de KK Jugoplastika.
KK Split | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | A1 Liga |
Alcume | Žuti |
Fundación | 1945 |
Historia | KK Jugoplastika (1967-1990) |
Cores | Amarelo, negro |
Presidente | Dino Rađa |
Adestrador | Slobodan Subotić |
Localización | |
Cidade | Split, Croacia |
Pavillón | Spaladium Arena |
Capacidade | 10.931 |
Inauguración | 27 de decembro de 2008 |
Campionatos | |
Euroliga | 3 (1989, 1990, 1991) |
Copa Korać | 2 (1976, 1977) |
Tripla coroa | 2 (1990, 1991) |
A1 Liga | 1 (2003) |
YUBA Liga | 6 (1971, 1977, 1988–1990, 1991) |
K. Ćosić | 5 (1992–1994, 1997, 2004) |
Copa Iug. | 5 (1972, 1974, 1977, 1990–1991) |
kksplit.com |
Actualmente compite na A1 Liga, a máxima competición de baloncesto de Croacia, da que gañou un título. En tempadas anteriores tamén competiu na Liga do Adriático (NLB League), na que non gañou ningún título. No ano 2009 o equipo mudouse a un novo pavillón, o Spaladium Arena, con capacidade para 12.000 espectadores, para disputar os seus partidos como local.
Aínda que a situación en Europa, en xeral, non era a mellor despois da segunda guerra mundial, aínda o era menos na cidade de Split, xa que a cidade vivía practicamente do turismo das súas praias. Con todo, a paixón polo fútbol na vila era moi grande, e así fundouse o club como a sección de baloncesto do equipo de fútbol da Sociedade Deportiva Hajduk en 1945.
Despois de tres anos de actividade esporádica, en 1948 o club pasou a auto-organizarse como KK Hajduk, xa independente da Sociedade Deportiva Hajduk. Despois de competir en ligas inferiores durante máis dunha década, o club finalmente chegou ao máximo nivel do baloncesto de Iugoslavia na tempada 1963-64, permanecendo na mesma até a desintegración do estado. O KK Hajduk era un equipo que se servía practicamente da súa canteira, chegando o cambio coa chegada dun novo patrocinador en 1967, Jugoplastika.
A Jugoplastika sempre sacou os seus grandes xogadores da súa canteira, mantendo unha media de 500 rapaces nas súas categorías inferiores, cunhas medias de altura e idade de 2,01 metros e 20 anos respectivamente.[1] Isto non tardou en dar froito, e os primeiros éxitos chegaron cos anos 1970, nos que gañaron a nivel local dúas ligas (1971, 1977) e tres copas (1972, 1974, 1977) de Iugoslavia, e a nivel europeo dúas Copas Korać. Un grande éxito que non chegou foi a Copa de Europa de 1972, perdendo na final xogada en Tel Aviv por tan só un punto contra os italianos Ignis Varese, grandes dominadores do baloncesto europeo da década. Con todo, despois de 1977 chegou unha dura época na que non conseguiron ningún título.
Para reflotar ao equipo fichouse a un adestrador de tan só 34 anos, Bozidar Maljkovic,[1] quen viña de estar cinco anos de adestrador asistente de Ranko Zeravica, máximo técnico do Estrela Vermella de Belgrado. Como era tradición, Maljkovic conformou un equipo con mozos chegados das categorías inferiores do club, entre os que destacaban dous, Dino Rađa (actual presidente do club) e Toni Kukoč (anos despois campión da NBA en tres ocasións xunto con Michael Jordan). Estes xogadores xa amosaran ao mundo as súas habilidades no Mundial Xuvenil de Italia 1987, onde selección iugoslava gañou o torneo tras varrer á de Estados Unidos na final.
Con todo, o equipo pecaba de inexperiencia,[1] así que o adestrador pensou en buscar a algún xogador veterano que puidese axudar ao equipo. Con esa premisa contratou a un montenegrino de 30 anos chamado Duško Ivanović. Con esta incorporación o equipo marcou un antes e un despois no baloncesto europeo, xa que un equipo formado por xogadores con tan só 22 anos de media, comezou a gañar con autoridade a tódolos rivais que se lle presentaban, na súa meirande parte moito máis poderosos economicamente. Así, os de Split plantáronse, para sorpresa de todo o mundo do baloncesto, na Final Four da Copa de Europa de Múnic 1989, na que tiveron que enfrontarse aos mellores clubs do continente do momento, o FC Barcelona, o Maccabi Tel Aviv e o Aris Tesalónica. Antes de comezar a fase final, no partido que os enfrontaba ao Barcelona, e despois da charla de Maljkovic, o veterano adestrador Aleksandar Nikolic adicoulles unha palabras de ánimo que quedaron para a historia deste deporte:
Vos sodes o máis grande que vin na miña vida. Saían á cancha e xoguen duro. Non se deixen matar. No deixen que lles digan que chegaron até aquí de sorte.
Así a Jugoplastika saíu ao terreo de xogo vencendo con contundencia contra todo prognóstico aos cataláns,[1] con 24 puntos de Kukoč, 21 de Ivanović e 18 de Rađa. Xa na final ante os israelís do Maccabi, o gran partido de Rađa, cun dobre-dobre de 20 puntos e 10 rebotes, que lle valeu o premio MVP e posterior elección no draft da NBA por Boston Celtics, e os 18 puntos de Kukoč, con 4 de 7 en triplas, valéronlles o seu primeiro campionato de Europa. Segundo declaracións anos máis tarde de Toni Kukoč:
Ese primeiro título sempre o levamos na alma, xa que foi conseguir o que semellaba un imposible
Despois de regresar á case 150.000 seareiros do club reuníronse no aeroporto para recibir aos vencedores, unha cifra que é máis considerable tendo en conta que Split non superaba os 250.000. Ao ano seguinte, co equipo máis maduro, chegou ao equipo o pivote promesa Zoran Savić, nun equipo no que tamén destacaban o escolta Velimir Perasović e o pivote Žan Tabak. Con ese cadro de xogadores a Jugoplastika volveu chegar á Final Four, esta vez celebrada en Zaragoza. No primeiro partido, a semifinal, os de Split no tiveron dificultade en elimnar aos franceses do CSP Limoges, chegando á final e enfrontándose de novo ao Barcelona, outra vez favoritos. Nese encontro Maljkovic sorprendeu deixando de inicio a Kukoč no banco, que anda máis saír ao terreo de xogo conseguiu unha tripla, até chegar aos 20 puntos que o converteron no MVP da Final e á Jugoplastika en campión por segundo ano consecutivo.
Ao ano seguinte, o equipo trocou de nome, pasando a chamarse "Top-84 Split". Este cambio chegou coa marcha de Rađa á Virtus Roma, de Ivanović ao Valvi Girona e do adestrador Maljkovic ao Barcelona. As novas incorporacións en chegar foron o técnico Željko Pavličević e o estadounidense, Avi Lester. O equipo resentiuse, mais foron gañando protagonismo xogadores como Tabak, Petar Naumoski ou Aramis Naglić. Esta vez o desafío era meirande xa que ningún equipo lograra até o momento gañar tres Copas de Europa consecutivas, descontando as tres primeiras que as levara o ASK Riga.
Esta vez, non sen sufrir, o Split logrou volver de novo a Final Four, esta vez celebrada en París.[1] En semifinais conseguiron derrotar ao Scavolini Pesaro, chegando de novo á final fronte ao FC Barcelona, esta vez adestrado por Maljkovic. Con todo os croatas conseguiron vencer por cinco puntos (70-65) da man Savić que conseguiu 27 puntos. Ao ano seguinte Naumoski marchaba a Macedonia do Norte, e máis tarde Tabak ao Libertas Livorno e Perasović ao Breogán de Lugo. Dende aquela o equipo conseguiu gañar cinco copas de Croacia e unha liga en 2003, entrando en dificultades económicas, recuperándose pouco a pouco.
O KK Split xogaba os seus partidos até o 27 de decembro de 2008 no Arena Gripe. Nesa data trasladáronse dende ese pequeno pavillón, con capacidade para 3.500 espectadores, ao grande Spaladium Arena, un novo pavillón polideportivo e de entretemento deseñado por 3LHD. O novo pavillón ten unha capacidade para 12.000 asentos, aínda que está cantidade é moi flexible, xa que se poden configurar capacidades que van dende 1.246 a 12.339 espectadores. Para os encontros do KK Split a capacidade é de 10.931 espectadores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.