naturalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Lembeye Lartaud, nado en Ferrol en 1816 e finado en Culleredo en decembro de 1889, foi un naturalista e ornitólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1816 Ferrol, España |
Morte | 1 de decembro de 1889 (73 anos) Culleredo, España |
Alcalde de Culleredo | |
1889 – 1889 | |
Alcalde de Culleredo | |
1868 – 1871 | |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo, naturalista |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Lembeye |
Nado en Ferrol no seo dunha familia tradición liberal e orixe francesa, aínda que, pola súa nai, tiña tamén orixe galega, a familia Villardefrancos, que se instalara no pazo actualmene coñecido como pazo de Lembeye.
Emigrou a Cuba na década de 1830, permanecendo na illa ata os anos 1860.
Na Habana abriu unha Academia de Comercio pero, interesado pola zooloxía, estuda a fauna da illa, relacionándose cos naturalistas e intelectuais alí residentes. En 1850 publicou a súa obra Aves de la Isla de Cuba, no que descobre para a ciencia catro novas especies.[1] Dito libro é único polas súas ilustracións de aves publicado en Cuba (a maioría dos 38 debuxos foron copiados de The Birds of America, publicado dez anos antes por Audubon).
Algúns destes gravados foron encontrados en 2011 nun contedor de lixo de Santander por un mestre de primaria que, tras saber a súa procedencia, cedeu dous deles ao concello de Culleredo, e hoxe exhíbense na Aula de Natureza radicada no xardín botánico que leva o seu nome no paseo marítimo da localidade.[1]
Mantén correspondencia con científicos de moitos países, e entre os seus colegas estiveron o ornitólogo cubano de orixe alemá Juan Cristóbal Gundlach e Víctor López Seoane. Foi Gundlach o que lle cedeu a honra de publicar no seu libro a primeira descrición do paxaro mosca zunzuncito, Mellisuga helenae.
Prosegue cos seus traballos, dedicándose despois á recolección de insectos. Parte da súa colección destes animais gárdase na Casa das Ciencias da Coruña.[1]
Antes de 1863 regresa a Galicia establecéndose en Culleredo, onde é elixido concelleiro ese mesmo ano. En 1868 é elixido alcalde de Culleredo, permanecendo nese cargo ata 1871. En 1889 volve a ser elixido alcalde pero unha grave enfermidade acaba coa súa vida en decembro dese mesmo ano.
O concello de Culleredo deulle o seu nome á Aula da Natureza que se atopa no Xardín botánico Ría do Burgo e a unha rúa na parroquia de Culleredo.
Dedícase a diferentes investigacións no mundo da agronomía estudando as enfermidades do trigo, os novos fertilizantes, as sulfatacións etc.
Na Revista Económica de 1862-1863 menciónase que está experimentando nas súas explotacións en Culleredo unha munxidora mecánica traída de Inglaterra por Emilia Pardo Bazán.[1]
Destes estudos e investigacións publica dous libros, La caries, inoculación esporádica de los trigos y medio de evitarla, publicado en 1876 e Consideraciones y consejos agrícolas para mejorar las cosechas de trigo en Galicia y perfeccionar los abonos, en 1885. Tamén se encarga de ensinar como mellorar as colleitas ós agricultores da comarca.
Lembeye describiu por primeira vez, entre outras, as especies
Juan Cristóbal Gundlach dedicouille o nome científico do sinsontillo ou tacuarita cubano, Polioptila lembeyei, paxaro da familia dos polioptílidos.[5]
A abreviatura Lembeye emprégase para indicar a Juan Lembeye como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Predecesor: ' |
Alcalde de Culleredo 1868 - 1871 |
Sucesor: ' |
Predecesor: ' |
Alcalde de Culleredo 1889 - 1889 |
Sucesor: ' |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.