editor e impresor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Compañel Rivas, nado en Santiago de Compostela en 1829 e finado en La Catalina (Cuba) en 1897, foi un editor e impresor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1829 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1897 (67/68 anos) La Catalina, Cuba |
Familia | |
Cónxuxe | Emilia Chao Fernández |
Fillos | Tres[1] |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Compañel (Juan), p.90) |
Fillo do impresor Francisco Luis Compañel, natural da Graña (Ferrol). Logo da morte do pai ocupouse da empresa familiar Viuda e Hijos de Compañel. Entre 1852 e 1856 deixou a imprenta familiar e trasladouse a Vigo, onde publicou La Oliva con Uxío Carré Aldao e Manuel Murguía. En abril de 1857 o goberno suspendeu a publicación, que tomou o nome de El Miño volvendo á súa primeira denominación en outubro de 1868. Na súa imprenta, na rúa Real, publicouse o 17 de maio de 1863 Cantares gallegos de Rosalía de Castro. En 1863 casou con Emilia Chao Fernández, filla de José María Chao Rodríguez, converténdose en cuñado de Eduardo e Alejandro Chao Fernández. En 1873 marchou a Cuba, foi secretario do concello de La Catalina e fundou e dirixiu La Lealtad (1882) de Cienfuegos, Diario de Cárdenas (1883) e La Unión de Colón. Volveu a Vigo en 1891 para recuperarse do seu feble estado de saúde, e regresou a Cuba dous anos máis tarde.
En outubro de 2013 o Corporación Municipal de Vigo aprobou por unanimidade darlle o seu nome á Biblioteca Pública Central de Vigo, situada na Casa de Pedro Román ou Casa Ferro, da zona antiga, na rúa Joaquín Yáñez número 6.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.