fotógrafo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Suárez, nado en Allariz en 1902 e finado na Guarda o 5 de xaneiro de 1974, foi un fotógrafo galego.[1] A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista, co ser humano e o seu contorno como tema central a través da súa visión persoal. Con todo, algúns autores inclúen a súa obra na Nova Obxectividade.[2]
Aos 19 anos, mentres estudaba Dereito en Salamanca, comezou a colaborar na revista Vida Gallega. Por entón tamén realizou curtametraxes cinematográficas. En 1932 publicou o libro 50 fotos de Salamanca, con prólogo de Miguel de Unamuno. Fixo reportaxes sobre actividades profesionais, como oleiros, telleiros, segadores, mariñeiros e romeiros. En 1935 comezou a rodar o documental Mariñeiros na Comarca do Morrazo, pero non chegou a rematalo por mor da guerra civil española.[2] A finais de 1936 emigrou a Buenos Aires.
Comezou a traballar como fotoxornalista no diario arxentino La Prensa.[3] En 1950 trasladouse a Punta del Este (Uruguai), e tres anos máis tarde marchou ao Xapón como correspondente dos periódicos La Prensa e El Día. O Xapón tivo unha grande influencia na súa vida, e tralo seu regreso a América en 1956 deu a coñecer o teatro Nō a través de conferencias, traducións e a exposición Vislumbre de Japón. Colaborou coa revista Life e con US Camera.[1]
En 1959 regresou a España, mais atopou dificultades para dar a coñecer o seu traballo. En 1965 publicou un libro sobre A Mancha baseado nunha serie fotográfica en branco e negro que foi moi valorad.a[4] En 1966 publicou no Reino Unido un libro sobre a tauromaquia titulado The Life and Death of the Fighting Bull. En 1982 publicouse o libro póstumo Galicia: terra, mar e xentes, con 161 fotografías.[5]
No ano 2015 o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura organizou unha exposición monográfica sobre o fotógrafo baixo o título José Suárez, uns ollos vivos que pensan.[6] A exposición percorreu posteriormente varias cidades, Nova Deli, A Coruña, Madrid, Buenos Aires, París, Toquio e Salamanca.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.