Xosé Manuel García-Barbón Sola, nado en Verín o 30 de marzo de 1831 e finado en Vigo o 7 de marzo de 1909[1] , foi un prominente empresario e mecenas do seu tempo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Xosé García Barbón
Thumb
Biografía
Nacemento(es) José Manuel García-Barbón Sola
30 de marzo de 1831
Verín, España
Morte7 de marzo de 1908 (76 anos)
Vigo, España
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró
ResidenciaCuba
Actividade
Ocupaciónempresario
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930) (pt) , (vol:XXV, sec:García Barbón (José), p.772-773)
Pechar

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia rica, e de novo emigrou a Cuba, onde alcanzou o éxito nos negocios, abrindo o seu propio banco. Alí coñeceu outro inmigrante e empresario, galego, Policarpo Sanz, co que mantivo unha grande amizade toda a súa vida. Xuntos tomaron a iniciativa da sociedade de Beneficencia Natural de Galicia e do Centro Galego da Habana. A escritora María Xosé Queizán acúsao na novela Amor de tango (1992) de actividades negreiras e de trata de brancas.

Thumb
Monumento de Francisco Asorey a García Barbón.

En 1882 financiou a construción do santuario dos Remedios de Verín, na parroquia de Vilamaior do Val.

Con 53 anos de idade, decidiu regresar a Galicia por razóns médicas. Despois de dez anos decidiu instalarse definitivamente en Vigo coa súa irmá e catro sobriños, xa que permaneceu solteiro. Alí, comezou a mercar propiedades para construír grandes edificios como o Teatro Rosalía de Castro[2] ou a Escola de Artes e Oficios, e Caridade. En 1907 fundou o balneario de Cabreiroá. Viviu no seu pazo na Facenda Vista Alegre (situado ao lado da actual Avenida García Barbón, en Vigo), ata a súa morte en 1909.[3]


Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.