actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Ángel Egido, nado en Redondela en 1951, é un actor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Redondela, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión |
A pesar da súa extensa traxectoria profesional en cine e teatro, a popularidade chégalle da man dun personaxe televisivo, Borja, o xefe groseiro de Médico de familia.
Máis tarde, a súa participación na película Os luns ó sol de Fernando León de Aranoa valeulle un Premio Goya.
A súa filmografía inclúe películas como El amor perjudica seriamente la salud, Cando volvas ó meu lado, Abre los ojos, La noche del hermano, Elsa y Fred ou Horas de luz.
En televisión destaca a súa participación na telecomedia galega da TVG Pratos Combinados, aínda que tamén fixo, á marxe do seu papel fixo en Médico de familia e outro de menor duración en Ciudad Sur, colaboracións en series de éxito como Aquí no hay quien viva, Hospital Central, El comisario, Policías, en el corazón de la calle, Siete Vidas ou Un paso adelante, onde interpretou varios capítulos ó pai do personaxe de Miguel Ángel Múñoz. Ademais, interveu en varias miniseries nos 80.
A principios dos 80 viviu varios anos en Italia, onde tamén participou en varias longametraxes.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actor secundario | Os luns ó sol | Nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.