Fernando León de Aranoa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando León de Aranoa, nado en Madrid o 26 de maio de 1968, é un director de cine e guionista español.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2022.) |
É licenciado en Ciencias da Imaxe pola Universidade Complutense de Madrid. En 1994 escribiu e dirixiu a súa única curtametraxe, Sirenas, premiada en varios festivais nacionais. A súa ópera prima Familia (1996), película que escribe e dirixe, recibiu o Premio Goya ó mellor director novel e os premios á mellor dirección, o premio Fipresci e o premio do público no festival internacional de cine de Valladolid, entre outros. Adaptada para a escena, a súa versión teatral foi estreada en distintos países.
En 1998 escribiu e dirixiu a súa segunda longametraxe, Barrio, que obtivo tres Premios Goya (Mellor dirección, Mellor guión orixinal e Mellor actriz revelación), así coma a Cuncha de Prata ó mellor director no Festival Internacional de Cine de Donostia, o premo Fipresci, Fotogramas, Jose María Forqué, Sant Jordi e Turia, entre outros.
Escribiu e dirixiu Os luns ó sol (2002), que obtivo cinco Premios Goya -Mellor película e Mellor dirección entre outros-, amais da Cuncha de Ouro á Mellor Película do Festival de Donostia e os premios Fipresci, Fotogramas, Ondas, Jose María Forqué, Juan Antonio Bardem, Luis Buñuel, e o premio Ariel da Academia mexicana de cine á mellor película Iberoamericana, entre moitos outros. Protagonizada por Javier Bardem, foi a proposta da Academia do cine español para as candidaturas ó Oscar á mellor película de lingua non inglesa. Os luns ó sol está especialmente ligada a Galicia por rodarse en parte na cidade de Vigo e contar no seu elenco e equipo técnico con multitude de profesionais galegos.
Princesas (2005), cuarta película de ficción que escribe e dirixe, é ademais a súa primeira experiencia como produtor. Recibiu 3 premios Goya da Academia española de Cine ás súas dúas actrices protagonistas e á mellor canción orixinal, composta por Manu Chao, así coma o premio Ondas ó acontecemento cinematográfico do ano e o premio Protagonistas á mellor película, entre outros. Participa na sección oficial do Festival de cinema independente de Sundance. Princesas, vista nas salas cinematográficas por máis dun millón de espectadores, foi a segunda película española mellor acollida polo público ese ano.
Fóra de España, os festivais da Habana, Os Ánxeles, Miami, Houston, Cidade de México, Gramados, Valdivia, Angers ou Nantes premiaron as súas películas.
Como documentalista, dirixe en México Caminantes (2001), premiado nos festivais da Habana, Os Ánxeles, Nova York e Alcalá de Henares. Colaborou como guionista en La espalda del mundo (2000) e na dirección de Izbieglize (1994), rodado nos últimos meses da guerra de Bosnia e Hercegovina. Recentemente dirixiu o documental Buenas noches, Ouma (2006) para Médicos Sen Fronteiras, sobre o conflito armado no norte de Uganda, actualmente en posprodución.
Como guionista asina longametraxes coma Fausto 5.0, Insomnio ou Corazón Loco entre moitos outros. Tamén programas coma Un, Dos, Tres ou os shows televisivos de Martes y 13, e series de grande prestixio coma Turno de oficio para RTVE.
Publicou varios relatos e narracións breves, recibindo por eles o Premio Antonio Machado en dúas ocasóns. Traballou tamén coma debuxante e ilustrador.
En 2004 funda a súa propia produtora, Reposado.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Categoría | Edición | Película | Resultado |
---|---|---|---|---|
2005 | Mellor película | 20ª | Princesas | Candidata |
2005 | Mellor guión orixinal | 20ª | Princesas | Candidata |
2003 | Mellor película | 17ª | Os luns ó sol | Gañadora |
2003 | Mellor director | 17ª | Os luns ó sol | Gañadora |
2003 | Mellor guión orixinal | 17ª | Os luns ó sol | Candidata |
1999 | Mellor guión orixinal | 13ª | Barrio | Gañadora |
1999 | Mellor película | 13ª | Barrio | Candidata |
1999 | Mellor director | 13ª | Barrio | Gañadora |
1997 | Mellor dirección novel | 12ª | Familia | Gañadora |
1997 | Mellor guión orixinal | 12ª | Familia | Candidata |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Premio CEC á mellor película | Os luns ó sol | Candidata |
2002 | FIPRESCI Prize | Os luns ó sol | Gañadora |
2002 | Cuncha de ouro | Os luns ó sol | Gañadora |
2002 | Premio SIGNIS | Os luns ó sol | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor película | Os luns ó sol | Gañadora |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando León de Aranoa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.