filme de 2007 dirixido por Wim Wenders, Isabel Coixet, Fernando León de Aranoa e Mariano Barroso From Wikipedia, the free encyclopedia
Invisibles é unha película documental dirixida por Mariano Barroso, Isabel Coixet, Javier Corcuera Andrino, Fernando León de Aranoa e Wim Wenders no ano 2008. Obtivo o Premio á mellor película documental na XII edición dos Premios Goya, en 2008.[1]
Invisibles | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Invisibles |
Director | Mariano Barroso Isabel Coixet Javier Corcuera Andrino Fernando León de Aranoa Wim Wenders |
Produtor | Javier Bardem |
Fotografía | Emili Guirao Jordi Abusada David Omedes Jordi Abusada Alberto Venzago |
Estrea | 2007 |
Duración | 100 min. |
Orixe | España |
Xénero | Documental |
Na rede | |
Cinco directores homenaxean o vinte aniversario da ONG Médicos Sen Fronteiras. A través de varias historias retrátase a persoas que viven no medio de guerras e conviven con epidemias. "El sueño de Bianca" (O soño de Bianca) contrasta as realidades de dúas mulleres. "Cartas a Nora" é un relato de inmigración, mentres que "La voz de las piedras" (A voz das pedras) é unha historia familiar no corazón de Colombia. En "Buenas noches, Ouma" (Boas noites, Ouma) descríbese o conflito armado de Uganda e "Crímenes Invisibles" (Crimes Invisibles) denuncia os abusos a mulleres na República Democrática do Congo.
Este proxecto solidario nace co selo de Javier Bardem como produtor. Para conmemorar as dúas décadas de traballo de Médicos Sen Fronteiras quíxose facer unha homenaxe aos seus cooperantes, pero tamén ás persoas que reciben a súa axuda. Persoas "invisibles" que teñen unha historia e que atopan, neste documental, unha forma de expresarse.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.