filme de 2008 dirixido por José Luis Cuerda From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xirasoles cegos é unha coprodución galega de 2008, dirixida por José Luis Cuerda, baseada na novela homónima de Alberto Méndez. Foi rodada en lingua castelá en Ourense (entre outras localizacións) no verán de 2007, a súa estrea foi o 29 de agosto de 2008. Está protagonizada por Maribel Verdú e Javier Cámara, e no seu elenco figuran ademais actores galegos coma Martiño Rivas ou José Ángel Egido.
Os xirasoles cegos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los girasoles ciegos |
Director | José Luis Cuerda |
Produtor | Javier Alén José Luis Cuerda Emiliano Otegui |
Guión | Rafael Azcona José Luis Cuerda |
Intérpretes | Maribel Verdú Javier Cámara Roger Príncep Irene Escolar Martiño Rivas Raúl Arévalo José Ángel Egido Carmen Losa Miguel de Lira |
Fotografía | Hans Burmann |
Estrea | 2008 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Orzamento | 5 000 000 € |
Recadación | 4 203 648,64 € |
Na rede | |
http://www.girasolesciegos.com/paginas/menu.html | |
Ambientada na posguerra, Os xirasoles cegos conta a historia de Elena (Maribel Verdú), nai dun fillo pequeno, Lorenzo (Roger Princep), e cuxa filla máis vella adolescente, Elenita (Irene Escolar), fuxiu embarazada co seu mozo Lalo (Martiño Rivas), perseguido pola policía.
Tamén o seu marido Ricardo (Javier Cámara) vive agochado, neste caso nun buraco no dormitorio da parella, de xeito que Salvador (Raúl Arévalo), un diácono que pensa en colgar os hábitos, pensa que é viúva, obsesiónase con ela e comeza a acosala.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.