Jordi Savall

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jordi Savall

Jordi Savall i Bernadet, nado en Igualada, en 1941, é un violagambista, director de orquestra e musicólogo catalán, especializado en música antiga.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Jordi Savall
Thumb
(2014)
Biografía
Nacemento(mul) Jordi Savall i Bernadet
1 de agosto de 1941 (83 anos)
Igualada, España
EducaciónConservatorio Superior de Música do Liceo
City of Basel Music Academy (en)
Actividade
Ocupacióncompositor, director de orquestra, musicólogo, gambista
Período de actividade1968 -
Membro de
Xénero artísticoMúsica antiga, música clásica e Música barroca
ProfesoresAugust Wenzinger (pt)
InstrumentoViola da gamba (pt)
Selo discográficoAlia Vox (en)
Familia
CónxuxeMaria Bartels (2017–)
Montserrat Figueras (1968–2011), morte do cónxuxe
FillosArianna Savall
 () Montserrat Figueras
Ferran Savall
 () Montserrat Figueras
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Pechar

Traxectoria

Jordi Savall comezou a estudar música aos seis anos na súa cidade natal, Igualada. En 1965 rematou os seus estudos superiores de música e violonchelo no Conservatorio de Barcelona.

En 1968 trasladouse a Suíza para ampliar a súa formación na Schola Cantorum Basiliensis, reivindicando un instrumento antigo case esquecido, a viola de gamba, e defendendo a importancia da música antiga da Península Ibérica. Neste centro foi discípulo do mestre August Wenzinger, a quen sucedeu en 1973.

En 1970 comezou unha exitosa carreira como intérprete de viola de gamba, da que é considerado pola crítica como un dos máis grandes intérpretes. Entre 1974 e 1989 fundou tres conxuntos, Hespèrion XX (1974, agora Hespèrion XXI), La Capella Reial de Catalunya (1987) e Le Concert des Nations (1989), con repertorios que van dende a Idade Media ao século XIX, mais sempre interpretados co máximo rigor histórico.

Dirixiu orquestras de prestixio coma a Orquestra Sinfónica da Fundación Calouste Gulbenkian, a Orquestra Camerata de Salzburgo, a Wiener Kammerorchester e a Philarmonia Baroque Orchestra de San Francisco.

Recoñecementos e galardóns

Durante máis de 25 anos de reivindicación da música antiga, Jordi Savall recibiu numerosas distincións: En 1988 foi nomeado «Officier de l'Ordre des Artes et des Lettres» polo Ministerio de Cultura de Francia. En 1990 recibiu a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña. En 1998, o Ministerio de Cultura de España outorgoulle a Medalla de Ouro das Belas Artes, e dende 1999 é Membro de Honra da Konzerthaus de Viena. Tamén recibiu o Premio de Honra da Fundación Jaume I, e foi investido Doutor Honoris Causa pola Université Catholique de Louvain (Bélxica).

Obra

A súa discografía supera o centenar de gravacións en diferentes selos, polos cales recibiu máis de cincuenta premios internacionais. Dende 1998 edita os seus discos co seu selo propio, ALIA VOX.[1]

O seu traballo tamén inclúe a música para películas, gañando un César (mellor música) en 1992 coa banda sonora de Tous les matins du monde, e resultando nomeado nos mesmos premios en 1998 pola partitura de Marquise.

  • 1991 - Tous les matins du monde, de Alain Corneau.
  • 1993 - El Pájaro de la felicidad, de Pilar Miró.
  • 1993 - Jeanne la Pucelle I: Les batailles, de Jacques Rivette.
  • 1994 - Jeanne la Pucelle II: Les prisons, de Jacques Rivette.
  • 1997 - Hosszú alkony, de Attila Janisch.
  • 1997 - Marquise, de Vera Belmont.
  • 1997 - Secret defense, de Jacques Rivette.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.