novelista británico From Wikipedia, the free encyclopedia
David John Moore Cornwell, nado en Poole, Dorset, Reino Unido, o 19 de outubro de 1931[1] e finado en Truro o 12 de decembro de 2020,[2] foi un novelista británico, máis coñecido co sobrenome de John le Carré.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
Durante as décadas de 1950 e 1960, traballou no Servizo de Seguridade (MI5) e no Servizo Secreto de Intelixencia (MI6). A súa terceira novela, The Spy Who Came in from the Cold (1963), converteuse nun best-seller internacional e abandonou os traballos anteriores parta se converter en escritor a tempo completo. Especializouse no xénero de relatos de suspense e espionaxe, ambientados na época da Guerra fría e outros escritores como Frederick Forsyth o consideran o mestre das novelas de espías.[3]
Tivo unha infancia difícil pois foi abandonado pola súa nai cando tiña 5 anos e seu pai era un estafador profesional.[1][3]
Estudou linguas na Universidade de Berna e no Lincol College da Universidade de Oxford, e foi profesor na Universidade de Eton entre 1956 e 1958 e ingresou no corpo diplomático como segundo secretaro na embaixada de Bonn entre 1960 e 1964. A súa carreira diplomática rematou en 1964 cando o seu nome apareceu na lista que Kim Philby ofreceu aos soviéticos e na que delataba a axentes británicos.[1]
O final da Guerra fría levouno a modernizar os seus temas e introducir aqueles elementos que conforman a complexa realidade internacional da nosa época: terrorismo islámico, problemática causada polo desmembramento da Unión Soviética, política dos Estados Unidos en Panamá, manexos das industrias farmacéuticas... Os seus personaxes, entre os que o máis coñecido é probablemente o axente Smiley, son complexos e turbios, o máis oposto ao axente 007 de Ian Fleming.
Unha parte importante das súas novelas foron levadas ao cine e todas traducíronse a moitos idiomas.
A novela The Spy Who Came in from the Cold, publicada en 1963, foi elixida por Publishers Weekly comoa a mellor novela de espionaxe de tódolos tempos. Tamén forma parte da lista das 100 mellores da Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos (Mystery Writers of America).[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.