John Salmons

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

John Salmons

John Rashall Salmons, nado o 12 de decembro de 1979 en Filadelfia, Pensilvania, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto. Xogaba nas posicións de escolta ou ala.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
John Salmons
Thumb
(2009)
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1979 (45 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América
EducaciónPlymouth-Whitemarsh High School (en)
Universidade de Miami
Altura201 cm
Peso95 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista
Período de actividade2002 - 2015
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América
Deportebaloncesto
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association
Posición de xogoAla e Escolta
Convocado porSan Antonio Spurs
Traxectoria
  Equipo
Milwaukee Bucks
New Orleans Pelicans
Philadelphia 76ers
Chicago Bulls
Sacramento Kings
1998–2002 Miami Hurricanes men's basketball
Pechar

Instituto e universidade

Foi ao instituto Plymouth-Whitemarsh no estado de Pensilvania, onde se proclamou campión estatal no ano 1997 conseguindo ademais chegar aos 1000 puntos durante a súa estancia alí. No ano 1998 comezou o seu periplo universitario na Universidade de Miami, na cal concluíu o seu ciclo universitario cunhas medias de 10,4 puntos, 5,5 rebotes, 3,5 asistencias e 1,5 roubos por partido.

NBA

Salmons foi seleccionado no posto número 26 do Draft da NBA de 2002[1] polos San Antonio Spurs. Foi enviado aos Philadelphia 76ers, onde estivo bastante discreto promediando tan só 4,1 puntos por xogo, e máis tarde aos Kings, onde asinou un contrato multianual, pasando tres anos nos que tivo boas tempadas, especialmente na última, onde unha inusitada mellora do seu lanzamento de tres puntos converteuno nun anotador moi solvente. En decembro de 2006 conseguiu o seu primeiro triplo-dobre ante Denver Nuggets, con 21 puntos, 11 rebotes e 10 asistencias.

O 19 de febreiro de 2009, Sacramento Kings traspasou a Salmons e a Brad Miller a Chicago Bulls a cambio de Andrés Nocioni, Drew Gooden, Michael Ruffin e Cedric Simmons. Coas novas incorporacións Chicago comezou unha remontada na táboa acadando a sétima praza para playoff do Leste. O seu rival en postempada foron os Boston Celtics, actuais campións. A serie foi especialmente igualada índose aos sete partidos, seis deles con prórrogas, mais finalmente os Bulls foron eliminados. A mellor actuación de Salmons na serie foi no cuarto partido (127-128 para Chicago) onde anotou 35 puntos incluíndo un tapón na segunda prórroga a unha tripla de Paul Pierce nos últimos segundos que daba a vitoria aos Bulls.[2] O 18 de febreiro de 2010, Salmons foi traspasado a Milwaukee Bucks a cambio de Hakim Warrick e Joe Alexander.[3]

O 9 de decembro de 2013, Salmons foi traspasado xunto a Patrick Patterson, Greivis Vasquez e Chuck Hayes ós Toronto Raptors a cambio de Rudy Gay, Quincy Acy e Aaron Gray.[4] O 30 de xuño de 2014, Salmons foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2015 ós Atlanta Hawks, a cambio de Louis Williams e os dereitos de Lucas Nogueira.[5] O 10 de xullo de 2014, foi cortado polos Hawks.[6]

O 26 de agosto de 2014, Salmons asinou cos New Orleans Pelicans.[7] O 19 de febreiro de 2015, Salmons foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre os Pelicans, os Suns e os Miami Heat.[8] Dous días despois, foi cortado polos Suns.[9]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.