Remove ads
Novelista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
John Rodrigo Dos Passos, nado en Chicago (Illinois) o 14 de xaneiro de 1896 e finado en Baltimore (Maryland) o 28 de setembro de 1970, foi un novelista e xornalista estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) John Roderigo Dos Passos 14 de xaneiro de 1896 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 28 de setembro de 1970 (74 anos) Baltimore, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Yeocomico Episcopal Churchyard (en) |
Educación | Universidade Harvard Harvard College Choate Rosemary Hall (en) Sidwell Friends School (en) |
Actividade | |
Ocupación | correspondente de guerra, pintor, poeta, tradutor, escritor, novelista, xornalista, guionista, dramaturgo |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Xénero artístico | Lost Generation (pt) |
Movemento | Literatura moderna (pt) |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Nai | Lucy Addison Sprigg Dos Passos |
Cronoloxía | |
marzo de 1933-outubro de 1933 | queima de libros na Alemaña nazi |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
Sitio web | johndospassos.com |
|
Nado en Chicago, nunha familia descendente de portugueses da illa da Madeira, na súa infancia e mocidade viaxou cos seus pais por México e algúns países de Europa (en especial Bélxica, o Reino Unido e España). En 1916 graduouse en Artes pola Universidade Harvard.
Ó iniciarse a intervención norteamericana na primeira guerra mundial atopábase de viaxe en España, e alistouse voluntario nas ambulancias militares de Italia. Publica en 1919 unha novela de corte autobiográfico, One Man's Initiation. Trala guerra, volveu a viaxar por España e ó seu regreso publicou Rosinante to the Road Again.
En 1925 publica a novela que lle deu fama e relevancia mundial: Manhattan Transfer, escrita como un mosaico polo que deambulan as diversas personaxes, con breves relatos fragmentarios que en conxunto retratan unha idea fiel da Nova York da época que describe. Este mesmo estilo é o que utilizaría na súa triloxía U.S.A..
En 1927 fixo pública a súa postura contraria á execución dos anarquistas Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti, sendo metido no cárcere por iso.
Aínda que inicialmente mantivo unha ideoloxía próxima ó socialismo, unha visita á Unión Soviética a finais dos anos 20 fíxoo ser bastante máis crítico. En 1937 volveu de novo a España para colaborar con Ernest Hemingway no guión do documental La tierra española, pero ó coñecer a desaparición do seu amigo e tradutor da súa obra Xosé Robles Pazos, presumiblemente a mans dos servizos secretos soviéticos, rachou definitivamente coa ideoloxía comunista. A esta época corresponden algunhas das súas novelas, como Adventures of a Young Man, Number One ou The Grand Design.
John Dos Passos historiou a realidade social norteamericana. O seu particular estilo, con cadros e referencias aparentemente desconectadas, sitúan as obras no marco da época.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.