Naturalista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Heinrich Friedrich Link, nado o 2 de febreiro de 1767 en Hildesheim (Sacro Imperio Romano Xermánico), e finado o 1 de xaneiro de 1851 en Berlín, foi un médico e naturalista alemán.
Nome orixinal | Johann Heinrich Friedrich Link |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de febreiro de 1767 Hildesheim |
Morte | 1 de xaneiro de 1851 Berlín |
País de nacionalidade | alemá |
Educación | Universidade de Gotinga |
Director de tese | Johann Friedrich Blumenbach |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | médico, naturalista, profesor univsitario |
Empregador | Universidade de Berlín Universidade de Breslau Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Rostock |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Link |
Abreviatura do autor en zooloxía | Link |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Deutsche Biographie (en) , Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
J. H. F. Link, desde moi novo, estivo influído polo seu pai, August Heinrich Link (1738-1783), que poueía unha colección de historia natural. Estudou Medicina e Ciencias Naturais na Hannoverschen Landesuniversität de Gotinga, obtedo o título de doutor en 1789, coa tese titulada Flora der Felsgesteine rund um Gotinga. Seguiu, en particular, os cursos do famoso naturalista Johann Friedrich Blumenbach (1752-1840). despois de compeltar os seus estudos foi, durante uns anos, preceptor (Privatdozent) en Gotinga.
En 1792 foi o primeiro profesor do novo departamento de Química, Zooloxía e Botánica da Universidade de Rostock. Durante a súa estancia en Rostock foi un dos fanáticos da teoría antifloxística de Antoine Lavoisier, facendo referencia, nas súas clases, ao oxíxeno. Foi tamén partidario das probas de Jeremias Benjamin Richter para utilizar a matemática na química, introducindo a estequiometría nas súas leccións. En 1806 constrúe o primeiro laboratorio de Rostock, no Seminargebäude.
Foi un autor polifacético, escribindo sobre múltiples temas: física, xeoloxía, mineraloxía, botánica, zooloxía, filosofía, ética, prehistoria e historia antiga. Foi elixido dúas veces reitor da súa Universidade. En 1793 casa con Charlotte Juliane Josephi, irmá do seu colega universitario, o profesor Wilhelm Josephi.
De 1797 a 1799 visita Portugal co conde Johann Centurius Hoffmannsegg, botánico, entomólogo e ornitólogo de Dresde. Esta viaxe orintou definitivamente a súa carreira científica, consagrándose desde entón á botánica (estudando algas, briófitos e pteridófitos, entre outros taxons). En 1800 foi elixido membro da prestixiosa Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina, a máis antiga escola de historia natural de Europa. En 1808 recibiu o premio da Academia de San Petersburgo pola súa monografía Von der Natur und den Eigenschaften del Lichts (Da natureza e características da luz). A súa reputación como científico crece, e chega a ser internacionalmente coñecido.
En 1811 entra como profesor de química e botánica na Universidade de Breslau, na que foi elixido, de novo, dúas veces como reitor. Despois da morte de Carl Ludwig Willdenow (1765-1812), pasou a ser, en 1815, profesor de historia natural, conservador do herbario e director do Xardín botánico de Berlín (Hortus regius Berolinensis), cargos que desempeñou até a súa morte. Este período foi o máis rico da súa carreira científica. Arrequeceu as coleccións do Xardín que contaba con 14 000 espácimes, a maioría de especies raras. En 1827 describiu os xéneros de cactos Echinocactus e Melocactus. A maioría das especies de champiñóns que describiu, conservan aíndaa hoxe o seu nome de orixe, indicando a gran calidade do seu traballo (por exemplo, Cordyceps, Creopus, Fusarium, Leocarpus, Myxomycetes, Phragmidium e outros).
Foi membro de numerosas sociedades científicas, entre elas, a Royal Society, a Academia Real das Ciencias de Prusia, a Academia Leopoldina, a Academia Real das Ciencias de Suecia, ou a Academie das Ciencias de Turín. Formou a numerosos naturalistas, como Christian Gottfried Ehrenberg. Durante toda a súa vida, viaxou a través de toda Europa. Políglota, falaba numerosas linguas, incluídas o árabe e o sánscrito.
Está considerado como un dos científicos máis grandes de finais do século XVIII e a primeira metade do XIX, e entre as súas obras cómpre destacarr Handbuch zur Erkennung der nutzbarsten und am häufigsten vorkommenden Gewächse (1829-1833, en tres volumes).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.