futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Joan Segarra Iracheta, nado en Barcelona o 15 de novembro de 1927 e finado en Taradell, Barcelona, o 3 de setembro de 2008, foi un futbolista español, capitán do "Barça das Cinco Copas",[1] un dos mellores equipos que tivo o FC Barcelona na súa historia. Xogou 14 tempadas no primeiro equipo do Barcelona, entre 1950 e 1964, disputando un total de 577 partidos. Retirouse como o futbolista con máis partidos na historia do club, aínda que nos seguintes anos foi superado por varios xogadores máis.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1927 Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 3 de setembro de 2008 (80 anos) Taradell, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | El gran capità | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1950 - 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Debutou co FC Barcelona en partido oficial o 24 de setembro de 1950, nunha goleada por 7-2 sobre o Real Madrid. Esa mesma tempada gañou o seu primeiro título, a Copa do Xeneralísimo, despois de derrotar na final á Real Sociedad.
Podía actuar en diversos postos segundo as necesidades do equipo, aínda que adoitaba xogar no centro do medio campo ou na defensa. Compartiu equipo con xogadores como Ramallets, Kubala, César, Moreno, Basora, Luis Suárez ou Manchón, e levantou varios títulos como capitán. Conquistou un total de catro ligas e seis Copas do Xeneralísimo, así como as dúas primeiras edicións da Copa de Feiras. Retirouse en 1964, despois de 577 partidos co club, a cifra máis alta naquel entón.[2]
Foi titular habitual na selección española entre 1951 e 1962, período no que xogou un total de 25 encontros internacionais. Capitaneou o equipo español no Mundial de 1962, no que disputou o primeiro partido contra Checoslovaquia.[3]
Unha vez retirado como xogador en activo en 1965, obtivo o título de adestrador e dirixiu diversos equipos infantís das categorías inferiores do FC Barcelona. Ao final da tempada 1977/78 dirixiu brevemente ao FC Barcelona Atlètic, substituíndo a Laureano Ruiz ata que Antoni Torres foi nomeado adestrador do equipo reserva para a tempada 1978/79.[4] Porén, no tramo final daquela tempada, Torres pasou ao primeiro equipo como axudante de Joaquim Rifé e Segarra foi o encargado de dirixir o filial ata o final de curso.[5]
Na tempada 1979/80 foi axudante de Helenio Herrera cando este se fixo cargo do primeiro equipo do FC Barcelona, trala destitución de Rifé.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.