avogado, escritor, xornalista e crítico literario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Jesús Muruais Rodríguez, nado en Pontevedra o 24 de decembro de 1852 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1903, foi un avogado, escritor, xornalista e crítico literario galego.
Nome orixinal | Jesús Muruais Rodríguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de decembro de 1852 Pontevedra, España |
Morte | 1 de xullo de 1903 (50 anos) Pontevedra, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Formación profesional | Filosofía e Letras |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Influencias en | |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Carrillo Falcón [1] |
Fillos | Andrés, Jesús e Soledad |
Irmáns | Andrés Muruais |
Fillo de Juan Muruais, pontevedrés, e Soledad Rodríguez, do Carril, Jesús foi o segundo de tres irmáns. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central en 1875. Foi catedrático de instituto en Cáceres, Ourense e Pontevedra, onde ensinou latín. Co seu irmán Andrés frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid en 1875, na casa da poetisa Emilia Calé. Destacou polo seu labor de crítico literario, sobre todo pola polémica que mantivo con Leopoldo Alas, Clarín. Colaborou en El Deber, El Porvenir, La Ilustración Gallega y Asturiana, El Independiente, El Heraldo Gallego, El Lérez, El Zorongo, El Eco de Orense, O Tio Marcos d'a Portela, Revista Contemporánea, El Heraldo, Galicia Moderna e Barcelona Cómica. Foi propietario dunha gran biblioteca e no seu domicilio celebrábanse parladoiros literarios aos que asistían Ramón María del Valle-Inclán, Víctor Said Armesto e Xerardo Álvarez Limeses.
O personaxe de Jesús Muruais aparece na novela La saga/fuga de J. B. (1972), de Gonzalo Torrente Ballester.
Casou con Carmen Carrillo Falcón-Ribadeneira e foi pai de Andrés, Jesús e Soledad Muruais Carrillo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.