vocalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973,[1] é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1973 (51 anos) A Pobra do Caramiñal, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Membro de |
En 1992 Javi Maneiro, "o fillo da Necha", participou na fundación dos Heredeiros da Crus en Castiñeiras, Ribeira, xunto a Tonhito de Poi, Tuchiño, Fran Velo e Avelino Ares. Entrou como o vocalista principal da banda, cuxo primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a loba, saíu en 1994. A ese primeiro traballo seguíronlle outros cinco discos de estudo, un dobre disco en directo (o primeiro da historia do rock en galego)[2] gravado na festa da Dorna de Ribeira, xiras por toda Galicia con algunha saída pola Península e mesmo fóra dela (concertos en Portugal, Londres e Nova York)[3] colaboracións co Xabarín Club e unha enorme popularidade entre a mocidade galega.[4] Nas súas cancións destacan o uso da gheada e do seseo e as letras desenfadadas, en ton humorístico e en ocasións de temática sexual, que levantaron máis dunha polémica con grupos feministas e o clero.[5]
En 2005 a banda separouse. Javi fundou o grupo Jabón Blue con músicos de Galicia e Madrid. En 2006 presentaron o primeiro disco, La música va por dentro, coa novidade de que as letras estaban escritas en castelán e compostas polo propio Maneiro. O grupo gravou catro discos ata a súa separación. En xaneiro de 2012 os Heredeiros da Crus anunciaron o seu regreso para un concerto en Ordes. As 3.000 entradas vendéronse en só 48 horas.[4] O que ía ser un único concerto de reunión[6] converteuse nunha volta definitiva. En 2013 publicaron un novo disco de estudio, Jard rock con fe, e en 2019, Derretidos.
Paralelamente aos Heredeiros, comezou unha carreira en solitario como "Maneiro". En marzo de 2017 publicou o seu primeiro traballo, Furtivos. Para a súa realización iniciou unha campaña de mecenado coa que tentaba reunir 10.000 euros.[7] A campaña foi un éxito e a cifra mesmo superou a cantidade prevista.[8] Presentou o disco en abril na Sala Capitol de Santiago de Compostela.[9] En 2019 publicou o seu segundo disco en solitario, Acaricia mis arrugas.[10] Segundo el mesmo, o motivo de empregar o castelán nas súas letras é chegar a máis público.[8] En decembro de 2020 saíu á luz o seu terceiro disco, Palabras de un desconocido.[11]
Ten realizado colaboracións con numerosas bandas e artistas como Astarot, Dakidarría,[12] Iván Ferreiro,[13] Raiba,[14] Tregua,[15] Cuarta Xusta,[16] Trasnochando[17] ou Jacobo Paz & Dos Mundos.[18]
O 19 de agosto de 2022 rompeulle unha vea na cabeza mentres tocaba cos Heredeiros da Crus en Pantón,[19] o que levou á banda a suspender os concertos do que restaba de ano[20][21] En xuño de 2023 volveu aos escenarios e publicou o seu cuarto disco en solitario, titulado Un bonito despertar.[22]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.