numismático galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Jaime Paz Bernardo, nado en Quintela o 29 de novembro de 1944, e finado en Barcelona o 25 de novembro de 2005, foi un investigador, coleccionista e comerciante numismático galego establecido en Cataluña.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1944 Quintela, España |
Morte | 25 de novembro de 2005 (60 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Salvador de Manín |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Q89547790 | Colección, estudo e comercio de moeda galega. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Influencias en | Jaime Paz Molina |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Josefina Molina |
Premios | |
- Medalla da ANE ao mérito numismático (1993). - Medalla de prata da ANE por 25 anos de convencións numismáticas. | |
A familia de Jaime Paz emigrou a Barcelona en 1950, cando el tiña nove anos, e alí realizou os seus estudos ata se titular como delineante técnico mecánico. Inicialmente simultaneou a súa actividade laboral nese sector coa súa afección pola colección de moedas e o seu estudo.
En 1971 casou con Josefina Molina e o ano seguinte naceu o seu fillo, Jaime Paz Molina, quen logo do seu falecemento do seu pai continuou co labor emprendido por el.[1]
En 1978 decidiu dedicarse en exclusividade á numismática e fundou en Barcelona un establecemento comercial centrado nese sector: "Numismática Paz". En 1979 editou a súa primeira publicación, un catálogo de moeda española dirixido fundamentalmente ao coleccionista, que coñeceu numerosas edicións.
Tanto desde a perspectiva comercial como no seu obxecto de estudo, Paz foise especializando na moeda galega, á que lle dedicou varios catálogos e decenas de artigos xornalísticos.[3][4] Mantivo sempre unha estreita ligazón co sector numismático en Galicia, e durante décadas encargouse de organizar máis dun cento de convencións (en Santiago, A Coruña, Lugo, Vigo, etc.), onde comerciantes e coleccionistas tomaban contacto para realizaren as súas transaccións.[5][6][7][8]
Como numismático pertenceu a diversas entidades, dalgunhas das cales foi socio fundador:[1]
Como recoñecemento ao seu labor profesional foi merecedor de dúas condecoracións da Asociación Numismática Española: a medalla presidencial ao mérito numismático (1993) e a medalla de prata en recoñecemento aos 25 anos de convencións numismáticas.[1]
En 1996 puxo en marcha na súa localidade natal o Museo Numismático de Lobios, como centro de conservación, exposición e interpretación da moeda galega a través da súa historia. O museo alberga unha colección cronoloxicamente ordenada de moedas cuñadas, usadas ou relacionadas con Galicia, desde a Antigüidade ata a Idade Moderna, disposta en paneis e acompañadas de fichas didácticas na que se describen e se contextualizan as pezas.[9]
No mesmo ano da súa inauguración, o museo recibiu o premio Excelente Numismático 1996, outorgado pola Asociación Numismática Española.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.