A historia moderna de Galicia abrangue a historia de Galicia durante a Idade Moderna. A modernidade comezou en Galicia a fins do século XV[1] coa súa inclusión definitiva dentro do proceso de construción do Imperio Español. A partir do que a historiografía ten chamado "doma e castración do reino", o Reino de Galicia perdeu iniciativa política e autonomía económica e a súa historia entra dentro do marco da historia española. Nomeouse un capitán xeneral, constituíuse a Real Audiencia e designáronse tamén corrixidores para as principais cidades que, con outras figuras, fixeron posíbel a consolidación dun poder monárquico centralizado. Cos Borbóns, a comezos do XVIII, a Intendencia asumiu as competencias militares e de facenda, os corrixidores as de policía e xustiza, e a Audiencia nas de xustiza. Desde 1500 existiu unha Xunta do Reino de Galicia, especie de parlamento moi limitado

Datos rápidos
Pechar

Século XV

A conflitividade social aumentou no século XV e provocou as revoltas irmandiñas (1431-1469).

Gran Guerra Irmandiña

Artigo principal: Gran Guerra Irmandiña.

Doma e castración

Thumb
Restos do Castelo da Rocha Forte arruinado polos irmandiños no 1466.

Século XVI

Séculos Escuros

Artigo principal: Séculos Escuros.

Xunta do Reino de Galicia

Artigo principal: Xunta do Reino de Galicia.

Unión Ibérica

Artigo principal: Unión Ibérica.

Século XVII

Restauración Portuguesa

Artigo principal: Restauración Portuguesa.

Século XVIII

Guerra da Cuádruple Alianza

Artigo principal: Guerra da Cuádruple Alianza.

Toma de Vigo

Artigo principal: Toma de Vigo.

Ilustración galega

Artigo principal: Ilustración en Galicia.

Sociedade

Cun crecemento demográfico moito máis sostido que nos reinos veciños, a mediados do século XVIII o Reino de Galicia chegou a triplicar a densidade de poboación de Castela. Ademais, durante este período, o 90% da poboación era rural e as vilas moi cativas, de xeito tal que a mediados do XVIPontevedra, Compostela e Ourense superaban os 1 000 veciños. Na Galicia do século XVIII nin se produciu a explosión demográfica, nin o crecemento das cidades, nin a expansión das comunicacións, nin a revolución agrícola, nin a Revolución Industrial doutras partes de Europa. A mediados do século XVIII o 75% da poboación dedicábase ao sector primario e o resto repartíase entre o secundario e o terciario. Compárase isto cunha Castela máis desenvolvida, na que as proporcións son, respectivamente, de 55, 15 e 30%.

Exceptuando as cidades, a metade do territorio pertencía a señoríos eclesiásticos e o resto dividíase entre señoríos laicos e reguengos. Co tempo, con nobreza absentista e altos cargos foráneos, foi a fidalguía local quen maior beneficio obtiña do sistema de rendas e foros e das innumerábeis taxas.

O poder absoluto que tivo a Igrexa católica sobre o pensamento foi parello ao progresivo afianzamento dos métodos do absolutismo. Empeñada nun intenso programa de moralización, dela dependían o ensino, a asistencia hospitalaria e a beneficencia.

Economía

Thumb
Mapa do Reino de Galicia, 1784.

A agricultura, complementada coa gandería, constituían o principal sector económico. De acordo coa calidade das terras existían dúas grandes zonas, occidental e oriental, a primeira de moito mellor rendemento e variedade e máis anovadora nos cultivos e sistemas de rotación. Durante este período produciuse unha perda do valor da gandería e unha preferencia polas especies estabuladas (vacas e porcos) en detrimento de ovellas, cabras e cabalos. Aumentou a intensidade do aproveitamento e, en consecuencia, reduciuse o tamaño dos predios rústicos, aumentou o regadío e os montes comunais perderon en extensión. O millo desbancou no XVI a todos os demais cultivos nas áreas litorais; na segunda metade do XVIII irrompeu a pataca, de preferencia nas zonas de interior.

Outras actividades menores incluían a pesca, o comercio e a industria. A pesca adquiriu importancia real a fins do XVIII coa chegada de fomentadores cataláns, que introduciron novas técnicas pesqueiras e lle deron pulo á industria conserveira. Aumentou a importancia das feiras comarcais, se ben non se producían excedentes dabondo nin existía un tecido comercial capaz de impulsar as exportacións, polo que este sector permaneceu estancado. Da mesma maneira, o reducido do consumo interior impediu o asentamento de núcleos industriais, decaendo a artesanía téxtil rural e as ferrarías e aumentando só o artesanato rural e as curticións.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.